Soñeiro...

AXENDA

Soñeiro

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde incluiremos novas, enlaces de interese, fotos, etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativa a alumeado público, camiños ou calquera outra que se produza na parroquia, poden facelo a través do formulario de incidencias que encontrarán na parte superior. 

Tamén se poden solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxestións ou expresar a súa opinión sobre calquera tema da parroquia. 


MEDIDAS COVID19 EN SADA A PARTIR DO 17 FEBREIRO

MEDIDAS COVID19 EN SADA A PARTIR DO 17 FEBREIRO

17/02/2021

Desde esta pasada medianoite están en vigor as novas medidas publicadas no DOG o pasado 15 de febrero. En consecuencia coas medidas anunciadas pola Xunta de Galicia o Concello de Sada informa das restriccións que están en vigor e as medidas municipais que rexirán a partir de hoxe

Sada organiza o Entroido Virtual 2021

Sada organiza o Entroido Virtual 2021

09/02/2021

A Concellería de Cultura organiza o concurso do Entroido Virtual de Sada 2021, motivado pola situación de pandemia e para non perder a tradición do Entroido na nosa localidade.

Bases Entroido Virtual Sada 2021

7.500 veciños e veciñas de Sada de entre 18 e 60 anos están sendo chamados para un cribado poboacional

7.500 veciños e veciñas de Sada de entre 18 e 60 anos están sendo chamados para un cribado poboacional

08/02/2021

A área sanitaria da Coruña e Cee está a citar a través dunha mensaxe nos seus teléfonos móbiles a ao redor de 7.500 persoas para someterse a esta proba que realizarase desde o mércores ao mediodía  ata o domingo na Casa da Cultura Pintor Lloréns

Sada reforza os servizos sociais con 160.000 euros

Sada reforza os servizos sociais con 160.000 euros

03/02/2021

O goberno municipal proporá ao Pleno da Corporación incluir dentro da solicitude do POS+ ADICIONAL 1/2021 unha partida de 162.527,62 euros para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.

Sada adjudica sete actuacións no municipio por 700.000 euros

Sada adjudica sete actuacións no municipio por 700.000 euros

01/02/2021

O Concello de Sada adxudicou un paquete de sete obras que levan actuacións en varias zonas do municipio e que suporán un investimento próximo aos 700.000 euros en melloras en cuestións como abastecemento e saneamento, amaño de espazos públicos e tamén pavimentacións.

Sada pecha parques infantís, pistas polideportivas e zonas de esparcemento público

Sada pecha parques infantís, pistas polideportivas e zonas de esparcemento público

19/01/2021

O goberno municipal tamén acordou na reunión de onte a suspensión do Feirón e da programación de actividades na Casa da Cultura e na Capela de San Roque.

As medidas do Concello de Sada  terán efecto desde hoxe martes 19 de xaneiro e serán complementarias coas anunciadas pola Xunta de Galicia para os Concello en nivel máximo, nivel que o Comite Clínico decidiu na noite de onte incluir a Sada. 

Sada repartirá máscaras ás familias máis desfavorecidas do municipio

Sada repartirá máscaras ás familias máis desfavorecidas do municipio

19/12/2020

Nesta ocasión serán arredor de 9.000 (25 por familia) as unidades que se distribuirán grazas a unha nova campaña do Concello de Sada que complementa as xa desenvolvidas até a data e que especificamente está orientada ao apoio ás familias máis necesitadas.

Concurso Postais Nadal 2020

Concurso Postais Nadal 2020

02/12/2020

A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego busca o fomento da interrelación da comunidade escolar, o tecido comercial e a veciñanza de Sada, así como a promoción do galego nestas áreas, a través dun concurso de Postais de Nadal que premia con agasallos sorpresa que o Concello de Sada mercará ao comercio local.