Sada...

Sada

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde iremos incluíndo noticias, enlaces de interés , fotos , etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativas a alumeado público, camiños ou calquer outra que se produzcan na parroquia poden facelo a través do formulario de incidencias que atoparán na parte superior. 

Tamén pódense solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxerencias ou dar a súa opinión sobre calquer tema da parroquia. 




LETRAS GALEGAS 2019 EN SADA

LETRAS GALEGAS 2019 EN SADA

07/05/2019

O Concello de Sada programa diversos actos con motivo da celebración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas 2019, adicado este ano ao historiador e xeógrafo Antón Fraguas.

Sada programa as Noites do Moucho, actividades para mozas e mozos de 14 a 30 anos

Sada programa as Noites do Moucho, actividades para mozas e mozos de 14 a 30 anos

06/05/2019

Skatepark, cociñas do mundo, obradoiros manga ou comic, slackline, xogos de mesa, escape room, drons, robótica, parkour, graffiti ou makeblock neuron son as distintas actividades que se programan para os fins de semana de maio a xullo.

Fin de semana de Food Trucks en Sada

Fin de semana de Food Trucks en Sada

03/05/2019

Desde hoxe e ata o domingo celébrase en Sada FOOD´N TRUCKS SADA 2019 na carpa da Praza Irmáns Suárez Picallo coa colaboración da concellería de Promoción Económica e Turismo.

OBRADOIRO DE SOMBRAS CHINAS

OBRADOIRO DE SOMBRAS CHINAS

26/04/2019

Prazas: 25

Listaxe de persoas admitidas

CONVOCATORIA PROVISIÓN DE PRAZAS DO CORPO DA POLICÍA LOCAL DE SADA INCLUÍDAS NA OEP 2016

CONVOCATORIA PROVISIÓN DE PRAZAS DO CORPO DA POLICÍA LOCAL DE SADA INCLUÍDAS NA OEP 2016

24/04/2019

Actualizado a 24 ABRIL 2019

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DE PRAZAS DO CORPO DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE SADA INCLUÍDAS NA OEP 2016

FESTA DA XIBA 2019

FESTA DA XIBA 2019

23/04/2019

Do 26 ao 28 de abril chega a décima edición da Festa da Xiba, na que 15 locais de hostalería servirán tapas deste cefalópodo a precio dun euro. Ademáis haberá regalos, sorteos, pasarrúas musicais, xogos e actividades para toda á familia

A Biblioteca Municipal de Sada programa un Maratón de Contos e numerosas actividades para o Día do Libro

A Biblioteca Municipal de Sada programa un Maratón de Contos e numerosas actividades para o Día do Libro

23/04/2019

-A Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo celebrará o Día do Libro durante toda a xornada agasallando cun caravel vermello e un libro a todas as persoas que leven préstamos da Biblioteca Municipal e celebra o primeiro Maratón de Contos”, que ten como obxectivo a narración ou lectura de contos, en calquera idioma e de máximo 5 minutos de duración, escollidos libremente polo contador/a ou lector/a.

Sada realizou un Maratón de Contos e numerosas actividades para celebrar o Día do Libro

Sada realizou un Maratón de Contos e numerosas actividades para celebrar o Día do Libro

23/04/2019

-A Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo celebrou durante o día de hoxe o primeiro Maratón de Contos, que tivo como obxectivo a narración ou lectura de contos, en calquera idioma e de máximo 5 minutos de duración, escollidos libremente polo contador/a ou lector/a.