Sada...

Sada

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde iremos incluíndo noticias, enlaces de interés , fotos , etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativas a alumeado público, camiños ou calquer outra que se produzcan na parroquia poden facelo a través do formulario de incidencias que atoparán na parte superior. 

Tamén pódense solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxerencias ou dar a súa opinión sobre calquer tema da parroquia. 




INFORMACION ACTUALIZADA CORONAVIRUS

INFORMACION ACTUALIZADA CORONAVIRUS

02/04/2020

Achegamos información dos distintos decretos e medidas tomadas polas distintas adminsitracións, así como información complementaria do estado de Alarma Sanitaria polo Coronavirus

Sada dá luz verde ás primeiras medidas para minimizar os efectos da crise sanitaria

Sada dá luz verde ás primeiras medidas para minimizar os efectos da crise sanitaria

01/04/2020

O Concello aproba unha moratoria de 90 días para recibos anteriores ao estado de alarma e atrasará a domiciliación das taxas e non as cobrará por servizos suspendidos

Sada, 1 abril 2020. 

Sada entrega material sanitario a organizacións e persoal sanitario e de seguridade

Sada entrega material sanitario a organizacións e persoal sanitario e de seguridade

01/04/2020

-O persoal de Obras e Servizos está a desinfectar zonas de paso común nas parroquias do municipio.

-O Concello de Sada entregou ao longo deses últimos días diverso material sanitario ao persoal que está a traballar neste Estado de Alarma para minimizar no posible os posibles contaxios.

A SALITA DOS CONTOS

A SALITA DOS CONTOS

27/03/2020

O Concello de Sada e Rosa Bao presentan  “A Salita dos Contos”, contacontos para época de confinamento co relato "Eu vou comigo" de Raquel Díaz Reguera, unha incríbel xoia sobre a autoestima.

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE XESTIÓN

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE XESTIÓN

24/03/2020

ACTUALIZADO A 24/03/2020 - Adiamento da constitución do tribunal e 1º exercicio do proceso selectivo OEP 4-16

É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de oposición, dunha praza de funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala de xestión, pertencente ao Grupo A, subgrupo A2, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público de 2016 (BOP núm. 148, do 5-8-2016) adscrita aos Servizos Económicos municipais.

XESTIÓN DE RESIDUOS DURANTE O ESTADO DE ALARMA

XESTIÓN DE RESIDUOS DURANTE O ESTADO DE ALARMA

24/03/2020

O Consorcio das Mariñas ven de emitir novas directrices sobre a xestión de residuos domiciliarios durante Estado de Alarma COVID-19

Sada, 24 de marzo 2020.

A Policía Local de Sada formula 40 denuncias no Estado de Alarma

A Policía Local de Sada formula 40 denuncias no Estado de Alarma

24/03/2020

O concello de Sada ven de reforzar con catro novas incorporacións a plantilla da Policía Local que realizará turnos de 24 horas no Estado de Alarma

Sada, 24 marzo 2020.

Sada non realizará interrupcións de subministración por falta de pagamentos durante o Estado de Alarma

Sada non realizará interrupcións de subministración por falta de pagamentos durante o Estado de Alarma

23/03/2020

Durante o período de vixencia do estado de alarma Sada non realizará interrupcións de subministración por falta de pagamentos en ningún caso.

Ademáis, empresa ViAQUA, concesionaria dos servizos municipais de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros do Concello de Sada informa que desde o 17 de marzo sus traballadores non se desprazan para obter a lectura dos contadores de auga e para evitar un prexuízo maior aos nosos clientes, estimaremos o consumo.