Mosteirón...

AXENDA

Mosteirón

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde iremos incluíndo noticias, enlaces de interés , fotos , etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativas a alumeado público, camiños ou calquer outra que se produzcan na parroquia poden facelo a través do formulario de incidencias que atoparán na parte superior. 

Tamén pódense solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxerencias ou dar a súa opinión sobre calquer tema da parroquia. 

 


Sada organiza excursións escolares ao legado de Luis Seoane

Sada organiza excursións escolares ao legado de Luis Seoane

12/03/2019

O Concello sumase ao recoñecemento ao artista, ao que este ano se lle dedica o Día dás Artes Galegas, cunha visita de estudantes á fundación que leva o seu nome

Sada, 12 marzo 2019

Subvencións a Entidades Deportivas para o ano 2018

Subvencións a Entidades Deportivas para o ano 2018

22/02/2019

Actualizado a 22 febreiro 2019

Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuído o Concello de Sada convócanse as presentes axudas na área de Deportes para o período que vai comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.

Visita cultural ao Entroido de Xinzo de Limia

Visita cultural ao Entroido de Xinzo de Limia

18/02/2019

O Concello de Sada organiza unha visita cultural ao Entroido de Xinzo de Limia o domingo 24 de febreiro "Domingo Corredoiro", primeiro día do Entroido no que saen as Pantallas. 

Listaxe de persoas admitidas e lista agarda da excursión a Xinzo de Limia

Xornadas de portas abertas nos Centros Escolares de Sada

Xornadas de portas abertas nos Centros Escolares de Sada

13/02/2019

Os centros escolares de Sada xa teñen confirmadas as datas das Xornadas de Portas Abertas. Todas aquelas familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos/as nos centros escolares do municipio poderán visitar as instalacións nas seguintes datas.

O alcalde traslada a Educación demandas dos Consellos Escolares

O alcalde traslada a Educación demandas dos Consellos Escolares

06/02/2019

Logo da celebración a pasada semana dos consellos Escolares, o alcalde de Sada reuniuse onte co delegado territorial de Educación para trasladarlle as demandas da comunidade escolar.

O Concello de Sada leva aos escolares do municipio ó teatro

O Concello de Sada leva aos escolares do municipio ó teatro

02/02/2019

Preto de 300 escolares dos distintos centros do municipio de Sada acudiron á Casa da Cultura Pintor Lloréns á representación da obra de teatro infantil Feo! a cargo da compañía Caramuxo Teatro.

Sada comeza a mellora de once camiños nas parroquias

Sada comeza a mellora de once camiños nas parroquias

30/01/2019

-O Concello de Sada, a través da concellaría de Obras e Servizos, adxudicou o proxecto de mellora da seguridade viaria nos camiños das parroquias. A empresa adxudicataria, Ponciano Neto SL, comezará a próxima semana as obras que inclúen limpeza de cunetas, servizos, dotación de áridos e tripla rega asfáltico.

Sada adxudica o servizo de Axuda no Fogar e o servizo de Limpeza Viaria e de Praias por 3,5 millóns de euros

Sada adxudica o servizo de Axuda no Fogar e o servizo de Limpeza Viaria e de Praias por 3,5 millóns de euros

11/01/2019

O Pleno ordinario do Concello de Sada celebrado onte aprobou as propostas da mesa de contratación de dous servizos municipais por valor de máis de 3,5 millóns de euros.

Sada 11 xaneiro 2019.