Meirás...

AXENDA

Meirás

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde iremos incluíndo noticias, enlaces de interés , fotos , etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativas a alumeado público, camiños ou calquer outra que se produzcan na parroquia poden facelo a través do formulario de incidencias que atoparán na parte superior. 

Tamén pódense solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxerencias ou dar a súa opinión sobre calquer tema da parroquia. 


Un millón de euros para Sada en plans de eficiencia enerxética

Un millón de euros para Sada en plans de eficiencia enerxética

15/03/2019

- A UE ven de notificar ao Concello de Sada que subvenciona o 80% do proxecto de aforro e eficiencia enerxética no centro urbano e nas parroquias do termo municipal polo que se renovará a iluminación pública e no que se investirán 709.545 euros

Subvencións a Entidades Deportivas para o ano 2018

Subvencións a Entidades Deportivas para o ano 2018

22/02/2019

Actualizado a 22 febreiro 2019

Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuído o Concello de Sada convócanse as presentes axudas na área de Deportes para o período que vai comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.

Visita cultural ao Entroido de Xinzo de Limia

Visita cultural ao Entroido de Xinzo de Limia

18/02/2019

O Concello de Sada organiza unha visita cultural ao Entroido de Xinzo de Limia o domingo 24 de febreiro "Domingo Corredoiro", primeiro día do Entroido no que saen as Pantallas. 

Listaxe de persoas admitidas e lista agarda da excursión a Xinzo de Limia

O CONCELLO DE SADA REITERA  DO GOBERNO DO ESTADO O EXERCICIO INMEDIATO DE ACCIÓNS XUDICIAIS PARA REVERTER O PAZO DE MEIRÁS AO PATRIMONIO PÚBLICO.

O CONCELLO DE SADA REITERA DO GOBERNO DO ESTADO O EXERCICIO INMEDIATO DE ACCIÓNS XUDICIAIS PARA REVERTER O PAZO DE MEIRÁS AO PATRIMONIO PÚBLICO.

18/02/2019

O Alcalde de Sada insiste, ante o desinterese do  Goberno do Estado, e esixe celeridade para a presentación da demanda xudicial civil que proceda co obxectivo final da incorporación do Pazo ao Patrimonio público.

Sada comeza a mellora de once camiños nas parroquias

Sada comeza a mellora de once camiños nas parroquias

30/01/2019

-O Concello de Sada, a través da concellaría de Obras e Servizos, adxudicou o proxecto de mellora da seguridade viaria nos camiños das parroquias. A empresa adxudicataria, Ponciano Neto SL, comezará a próxima semana as obras que inclúen limpeza de cunetas, servizos, dotación de áridos e tripla rega asfáltico.

Sada adxudica o servizo de Axuda no Fogar e o servizo de Limpeza Viaria e de Praias por 3,5 millóns de euros

Sada adxudica o servizo de Axuda no Fogar e o servizo de Limpeza Viaria e de Praias por 3,5 millóns de euros

11/01/2019

O Pleno ordinario do Concello de Sada celebrado onte aprobou as propostas da mesa de contratación de dous servizos municipais por valor de máis de 3,5 millóns de euros.

Sada 11 xaneiro 2019.

Subvencións para entidades culturais e promoción de festexos parroquiais

Subvencións para entidades culturais e promoción de festexos parroquiais

04/01/2019

ACTUALIZADO O 4 XANEIRO 2019 COA RESOLUCIÓN PROVOSIONAL DE CONCESIÓN DE AXUDAS E DECRETO DE AMPLIACIÓN DE PRAZO DEXUSTIFICACIÓN.

A concellería de Cultura e Praias convoca as subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturaiss de interés xeral así como para festexos parroquiais 

Sada convenia con Vegalsa-Eroski tarxetas solidarias de axudas sociais.

Sada convenia con Vegalsa-Eroski tarxetas solidarias de axudas sociais.

04/01/2019

-“Esta tarxeta, segundo a concelleira Isabel Reimundez, supón un paso adiante xa que facilita a xestión aos beneficiarios dunha maneira totalmente confidencial á hora de pagar con ela, salvagarda por completo a identidade da persoa beneficiaria e ademáis se poderá elexir libremente onde gastar o importe entre os diferentes supermercados do municipio"