Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde incluiremos novas, enlaces de interese, fotos, etc.
Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativa a alumeado público, camiños ou calquera outra que se produza na parroquia, poden facelo a través do formulario de incidencias que encontrarán na parte superior.
Tamén se poden solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxestións ou expresar a súa opinión sobre calquera tema da parroquia.