Carnoedo...

AXENDA

Carnoedo

Esta é unha canle de participación dos veciños e veciñas de cada parroquia onde iremos incluíndo noticias, enlaces de interés , fotos , etc.

Se teñen algunha incidencia que trasladar ao departamento de Obras e Servizos relativas a alumeado público, camiños ou calquer outra que se produzcan na parroquia poden facelo a través do formulario de incidencias que atoparán na parte superior.

Tamén pódense solicitar citas a través do formulario de Participación Cidadá, así como mandar suxerencias ou dar a súa opinión sobre calquer tema da parroquia. 


Escolares sadenses lembrarán ás súas bisavoas polo Día da Muller

Escolares sadenses lembrarán ás súas bisavoas polo Día da Muller

06/03/2018

Os nenos encherán fichas e achegarán fotos que se exporán na Casa dá Cultura @salto@ Sada, 6 marzo 2018 O Concello de Sada dedica o Día da Muller ás bisavoas cunha iniciativa "pioneira" para que os escolares reivindiquen o papel destas mulleres "sobre as que outrora pesaba toda a responsabilidade familiar". A Concellaría de Educación, que dirixe Raquel Bolaño, levará esta proposta aos centros de Primaria e Infantil, cuxos alumnos achegarán explicacións e fotografías que logo se exporán.

Sada licita o servizo de limpeza viaria e de praias por máis de 2 millóns de euros.

Sada licita o servizo de limpeza viaria e de praias por máis de 2 millóns de euros.

06/03/2018

-O prego da licitación inclúe novas clausulas sociais e ambientais e o prazo para as empresas interesadas na contratación do servizo finaliza o 9 de abril  

@salto@

As veciñas de Sada protagonistas no Día da Muller

As veciñas de Sada protagonistas no Día da Muller

06/03/2018

-  O grupo de alumnas do IES Isaac Diaz Pardo, que gañaron o concurso de guions de violencia de xénero da Deputacion, realizarán ademáis unha representación-interpretacion do guion.

Aberto o prazo para participar na exposición da Camelia de As Mariñas que terá lugar en Sada o 24 e 25 de marzo

Aberto o prazo para participar na exposición da Camelia de As Mariñas que terá lugar en Sada o 24 e 25 de marzo

01/03/2018

O mes de marzo en Sada podería identificarse cunha flor: a camelia. Non só porque esta flor está no seu momento de máximo esplendor nestes meses de inverno como se pode comprobar en tantas casas do noso municipio e arredores senón porque a Concellería de Medio Ambiente de Sada aposta por ela por segundo ano consecutivo a través da Exposición da Camelia de As Mariñas.

Sada licita obras por valor de medio millón de euros para a mellora de camiños en todas as parroquias

Sada licita obras por valor de medio millón de euros para a mellora de camiños en todas as parroquias

22/01/2018

O Concello de Sada anuncia a licitación de un paquete de obras en camiños de todas as parroquias do municipio así como a mellora dos servizos no tramo esquerdo da República Arxentina. O anuncio das licitacións publicouse no Boletín Oficial da Provincia, o 15 de xaneiro, e tamén se publicaron os proxectos e as claúsulas administrativas no Perfil do Contratante.

CAMPAÑA ESQUÍ 2018

CAMPAÑA ESQUÍ 2018

17/01/2018

O concello de Sada foi incluido no programa de esquí “CAMPAÑA DE INVERNO 2018”, da Deputación Provincial, para o que se lle adxudican  8 prazas. A estancia e manutención desenvolveranse en aloxamentos ubicados na estación invernal de Cabeza de Manzaneda e correspóndelle a terceira quenda, dende o 23/02/2018 ó 26/02/2018.

Sada celebra o domingo o III Trail Costa Doce por paraxes espectaculares da costa

Sada celebra o domingo o III Trail Costa Doce por paraxes espectaculares da costa

15/01/2018

-Medio milleiro de deportistas participará nesta proba que levará a cabo nun circuíto circular en terreo de monte.

- O itinerario do Trail Costa Doce transcorre por paraxes espectaculares da costa sadense de alto valor ecolóxico, polo que desde a organización sinalan que os participantes deben seguir as pautas de comportamento habituais nos espazos protexidos: non deixar residuos, non acender lume, non producir ruídos que molesten á fauna, non acampar, non saírse do percorrido sinalizado”, en definitiva non deixar rastro da nosa actividade.

Entra en vigor o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada

Entra en vigor o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada

13/01/2018

O pasado 13 de outubro a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, notificaba ao Alcalde de Sada, Benito Portela, e ó Concelleiro de Urbanismo, Fran Montouto, a Orde de Aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada. Logo da publicación do mesmo no Diario Oficial de Galicia o 29 de novembro e da publicación o 20 de decembro do seu contido normativo no Boletín Oficial da Provincial, no día de hoxe entra en vigor o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sada.