25/01/2021
O Concello de Sada solicita tamén á Xunta que os SAF municipais sexan incluídos nas vacinacións prioritarias
Sada, 25 xaneiro 2021
22/01/2021
A Escola Infantil A Galiña Azul de Sada abriu o plazo de solicitudes para o próximo curso 2020-2021. Para matricularse hai que pedir cita no teléfono da escola 981 624 001, achegando seis fotos tamaño carné, fotocopia da cartilla de vacinas, informe médico, copia da tarxeta sanitaria, certificado bancario co nome do titular e número de conta, e os impresos que se detallan a seguir cubertos e asinados.
22/01/2021
O Concello de Sada adxudica as obras de pavimentación do aparcadoiro da Av. da Mariña (zona autobuses) e a execución de dúas escolleras de protección de canles nos regatos de Seixeda e Fontoira.
21/01/2021
O aumento de casos na vila e na comarca obrigan ao goberno municipal a cancelar a feira semanal ata novo aviso en coherencia coas recomendación de autoconfinamento que lanzan as autoridades sanitarias.
19/01/2021
O goberno municipal tamén acordou na reunión de onte a suspensión do Feirón e da programación de actividades na Casa da Cultura e na Capela de San Roque.
As medidas do Concello de Sada terán efecto desde hoxe martes 19 de xaneiro e serán complementarias coas anunciadas pola Xunta de Galicia para os Concello en nivel máximo, nivel que o Comite Clínico decidiu na noite de onte incluir a Sada.