Urbanismo e emprego...

Urbanismo e emprego

 D. Francisco Xosé Montouto Pérez

 Urbanismo e emprego

 Teléfono : 981902179

 Contacto : francisco.montouto@sada.gal


 Dende a Concellaría de Urbanismo e Emprego apostamos: 

En primeiro lugar por poñer en valor un Urbanismo ao servizo do interese social, que sexa participativo, transparente e igualitario, que aposte polo crecemento sostible, a nivel territorial e medioambiental, que promova e potencie a renovación e rehabilitación urbanas, a posta en valor dos espazos naturais e do patrimonio construído, que garante o dereito a unha vivenda digna, e a reserva de solo industrial e comercial para garantir unha economía produtiva.

En segundo lugar apostamos por potenciar a área de emprego dotandoa de mellores recursos e apostamos por mellorar as políticas activas de emprego asi como os servizos de desenvolvemento local e de asesoramento a todas aquelas persoas que se atopen nunha situación de desemprego.


CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO DUN/HA TÉCNICO/A DE TURISMO 2019

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO DUN/HA TÉCNICO/A DE TURISMO 2019

20/08/2019

Obxecto da convocatoria. As presentes bases rexerán a selección polo polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre, dun (1) posto de técnica/o de turismo que prestará servizo no Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal.

CONVOCATORIA DUN POSTO DE XEFE, TRES DE PEÓNS E UN DE PEÓN-CONDUTOR PARA A FORMACIÓN DA BRIGADA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS

CONVOCATORIA DUN POSTO DE XEFE, TRES DE PEÓNS E UN DE PEÓN-CONDUTOR PARA A FORMACIÓN DA BRIGADA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS

01/08/2019

A provisión polo procedemento de oposición, en quenda libre, con carácter urxente dun (1) posto de Xefe, tres (3) postos de peóns e dun (1) posto de peón condutor, para a formación dunha Brigada de prevención e extinción de incendios forestais que prestará servizo no Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal.

Convocatoria do proceso selectivo de 3 socorristas para as praias de Sada

Convocatoria do proceso selectivo de 3 socorristas para as praias de Sada

11/07/2019

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRES (3) SOCORRISTAS ACUÁTICOS PARA A UNIDADE DE SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO.

IMPORTANTE: O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS REMATA O 4 DE XULLO DE 2019.

Sada notificou a 102 propietarios para que limpen as súas parcelas

Sada notificou a 102 propietarios para que limpen as súas parcelas

04/07/2019

-O Concello de Sada advirte que máis dun cento de parcelas do termo municipal, tanto no rural como no casco urbano, están sen limpar contravindo  a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Sada facilitará a madeira nas lumeiradas da Praia das Delicias para evitar o acceso ao areal con materiais contaminantes ou perigosos

Sada facilitará a madeira nas lumeiradas da Praia das Delicias para evitar o acceso ao areal con materiais contaminantes ou perigosos

21/06/2019

-O Concello de Sada habilitará varias zonas ao longo da Praia das Delicias onde se dispensará gratuitamente a madeira necesaria para facer as lumeiradas. As persoas interesadas poderán retirar esta madeira a partir das 19:00h do 23 de xuño na busca de compatibilizar o uso habitual do areal coa celebración da festa de San Xoán.

CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO OITO SOCORRISTAS ACUÁTICOS

CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO OITO SOCORRISTAS ACUÁTICOS

20/06/2019

Selección polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, de oito (8) postos de socorristas acuáticos para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático que prestará servizo nas praias do Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal durante o verán

Sada licita a reforma integral do Paseo Marítimo

Sada licita a reforma integral do Paseo Marítimo

19/06/2019

-As obras discurrirán entre a desembocadura do Rio Maior e as escaleiras de Fontán e mellorarán pavimentos, xardinería e asentamentos.

-Enlace á licitación

Sada licita a obra de mellora do camino de Lamela a Taibó en Carnoedo.

Sada licita a obra de mellora do camino de Lamela a Taibó en Carnoedo.

17/06/2019

-A última Xunta de Goberno Local, celebrada a pasada semana, aprobou a contratación por procedemento aberto dunha actuación que contempla a mellora do abastecemento, saneamento e pavimento do camino de titularidade municipal de Lamela a Taibó, na parroquia de Carnoedo.