D. Xosé Lois Suárez Becerra
Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente
Teléfono: 981620075 - Ext:222
Contacto: liss.becerra@sada.gal
O futuro de Sada é industria, é comercio, é hostalaría, é turismo, é medio ambiente. A responsabilidade que temos nesta área é facer partícipes de conseguir este obxectivo a toda a cidadanía sadense. Desde As Brañas á Punta de San Mamede, desde o Pazo de Meirás ata Sargadelos, desde a Terraza á praia de San Pedro, desde os mariscadores ata os mariñerios do cerco ou os labregos. Temos un enorme potencial patrimonial, cultural, social, medioambiental por defender, por explotar de xeito sostible.
O presente pasa pola aplicación de políticas de dinamización, defensa e promoción da nosa realidade para poder competir na comarca das Mariñas e fóra dela. A desestacionalización de xeito integral na organización de eventos e na elaboración de planeamentos son fundamentais no camiño de alcanzar o que nos propoñemos. A posta en marcha do Hotel e do Sadabús contribuíran á súa consecución. Sada debe ser atractiva todo o ano, debe estar viva todo o ano. Temos potencial abondo: o Porto Deportivo, o Pesqueiro, os polígonos, as cerámicas do Castro, o Roteiro, As Brañas, o Pazo, a Ría... a xente. Para min, como concelleiro, isto supón un enorme reto e aínda máis responsibilidade, pero sobre todo orgullo e compromiso con todas e todos os veciños de Sada. É posible. Depende de tod@s.