Biblioteca municipal...

AXENDA

Biblioteca municipal

A biblioteca de Sada, "A túa biblioteca"

¡¡Coñécenos!! Sorprenderasche.
Non hai ningunha biblioteca como a de Sada, por moitas razóns:
A súa forma arquitectónica, as súas traballadoras ... pero sobre todo polos
seus usuarios.

Apúntache o noso horario

Horario inverno:
Mañás de luns a venres: de 9 h. a 14 h.
Tardes de luns a venres: de 16 h. a 20 h.
Sábados mañá: de 10 h. a 13 h

Horario verán (xullo e agosto):
Mañás de luns a venres: de 8 h. a 14 h.

Servizos

Que che ofrece a Biblioteca Municipal de Sada?

  • Lectura e consulta en sala.
    A biblioteca conta cun espazo para a lectura dos seus fondos. O usuario adulto conta con máis de 60 postos repartidos ao longo de todo o espazo bibliotecario. 
  • Información bibliográfica.
    O persoal bibliotecario oriéntache e informa sobre a procura e recuperación de información ademais de axudarche no uso dos servizos bibliotecarios.
  • Préstamo de documentos.
    Para utilizar este servizo debes ter o carné de socio da biblioteca. Si es menor de 12 anos a solicitude debe ir asinada polo pai/nai ou titor (Ver Reglamento da Biblioteca)
  • Reserva de documentos.
    É un servizo dirixido sobre todo a gestionar de forma máis eficaz as lecturas obligatorias e as novidades literarias.
  • Promoción á lectura.
    A biblioteca no seu esforzo para promocionar a lectura entre os cidadáns organiza actividades dirixidas sobre todo ao público infantil. Ver Sección Actividades.
  • Acceso a internet.
    A biblioteca dispón de postos individuais para acceder a internet.



O programa Ler Conta Moito da Biblioteca Municipal programa "Feminino Plural"

O programa Ler Conta Moito da Biblioteca Municipal programa "Feminino Plural"

09/10/2019

O programa "Ler Conta Moito" da Biblioteca Municipal Ramón Suárez  Picallo programa para este venres 11 de outubro "Feminino Plural" con Silvia Penide e Carla López.

A actividade que terá lugar a partir das 19:00 horas é unha aposta por achegar o universo das mulleres autoras (de libros e de cancións) ata o público. Penide e Carla mostrarán cancións de Amaral, Guadi Gallego, Julieta Venegas, Patti Smith e escotaranse texto de Lucía Aldao entre outras autoras

OBRADOIRO: "VERMELLA: ÍMOSLLE DAR UNHA VOLTA Á MENSTRUACIÓN"

OBRADOIRO: "VERMELLA: ÍMOSLLE DAR UNHA VOLTA Á MENSTRUACIÓN"

01/10/2019

OBRADOIRO: Vermella

DATA: Xoves 3/10/2019

Amor, cortes e feridas, contacontos na Biblioteca Municipal

Amor, cortes e feridas, contacontos na Biblioteca Municipal

23/09/2019

A biblioteca municipal Ramón Suárez Picallo programa o vindeiro xoves 26 de setembro ás 18:30 un contacontos de Iseo A Moura sobre a historia dunha sobreira que aprende que o amor comeza nunha mesma e só así consegue curar as feridas que lle causara a relación cos homes. Amor, cortes e feridas son leccións importantes sobre todo o que nos une e nos diferencia.

"Diversidade sexual na adolescencia: un obradoiro con Eli Ríos" na Biblioteca Municipal

"Diversidade sexual na adolescencia: un obradoiro con Eli Ríos" na Biblioteca Municipal

19/09/2019

IMPORTANTE: A actividade pqueda cancelada por falta de inscricións.

A biblioteca municipal Ramón Suárez Picallo organiza o vindeiro xoves 19 de setembro un obradoiro sobre Diversidade Sexual na adolescencia no que poderán participar maiores de 12 anos.

Sada presente no catálogo colectivo da Rede de bibliotecas públicas de Galicia

Sada presente no catálogo colectivo da Rede de bibliotecas públicas de Galicia

25/06/2019

A Biblioteca Municipal integrarase no Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia mañá mércores 26 de xuño.

Sada, 25 xuño 2019

Novo obradoiro de lectura asistida con cans “Aprende a ler con Nora”,

Novo obradoiro de lectura asistida con cans “Aprende a ler con Nora”,

24/06/2019

Aprende a Ler con Nora volta á Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo o venres 28 de xuño. Actividad para nenos e nenas de 5 a 11 anos para a que existen 10 prazas.

Listaxe admitidas/os Aprende a Ler con Nora 28 xuño

CONTACONTOS "LONXEDETODO: UN MODELO DE COMUNIDADE"

CONTACONTOS "LONXEDETODO: UN MODELO DE COMUNIDADE"

06/06/2019

Contacontos da compañía Trinketrinke nos que ensinan ás nenas e nenos uns sinxelos principios de funcionamento político da comunidade (que é o diñeiro público, como e para que se escolle un alcalde ou alcaldesa...).

Actividades da Biblioteca Municipal no mes de xuño

Actividades da Biblioteca Municipal no mes de xuño

04/06/2019

A Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo ven de publicar a axenda de actividades que se realizarán no mes de xuño e que inclúen contacontos, concerto para bebés, presentación de libros e animación á lectura con cans.