Banda Municipal de...

AXENDA

Banda Municipal de Música

A Banda Municipal de Música de Sada naceu a finais do ano 1994 cando os seus mozos músicos interpretan o Concerto de Nadal, o seu primeiro concerto, no sexto andar do hotel sadense baixo a batuta de D. José Barros.

Desde entón actúan no programa de TVE “Desde Galicia para o Mundo” dedicado a Sada, e participan na Concentración de Bandas de música de Santiago de Compostela nos anos 1997 e 2001. No ano 1998 viaxan a Arxentina, onde actúan con éxito para a colectividade de Galegos de Bos Aires; ofrecen concertos no teatro Castelao do Centro Galego, no teatro Bambalinas da Federación de Sociedades Galegas e no Club Deportivo Español.

En setembro de 1999 José Antonio Neira Mella convértese en director da Banda de Música de Sada. Con el voan no ano 2000 a Nova York actuando na Casa de Galicia, en Newark e no Club España de New Jersey, cultivando un grande éxito.

Ese mesmo ano viaxan a Portugal actuando en Castelo de Paiva e ao ano seguinte a Banda de Sada é seleccionada para actuar no concurso do “Día da Música Xove” organizado pola Xunta de Galicia. En xullo de 2006 a Banda desprázase a Castro Urdiales (Cantabria), onde celebra un concerto dentro dunha viaxe cultural.

Desde outubro do ano 2008 toma a batuta da Banda Municipal de Sada o actual director Miguel Brea Seoane, con quen a Banda de Música grava un traballo discográfico no ano 2015.

A maior parte dos seus integrantes son ou foron alumnos/as da Escola Municipal de Sada, dos cales unha gran parte colabora ou pertence a formacións tan importantes como a Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Filharmonía de Santiago, Banda Municipal da Coruña, Banda Municipal de Ferrol e Xoven Orquestra da Sinfónica de Galicia, entre outras.

A Banda Municipal de Sada ten unha ampla e un importante labor no Concello de Sada, asumindo a responsabilidade, totalmente altruísta por parte dos seus músicos, do labor social e musical. Durante o ano a Banda de Música realiza unha programación estable na Casa da Cultura "Pintor Lloréns" cun variado e innovador repertorio tanto bandístico como de música de cámara cos distintos grupos que se formaron na propia banda.



Sada programa un Nadal cheo de actividades

Sada programa un Nadal cheo de actividades

15/12/2020

A Concellaría de Cultura programa unha completa axenda de actividades para a época do Nadal con animación de rúa, Elfos Carteiros, Concerto de Nadal, cine, teatro e a visita de Papá Noel polas rúas de Sada.

LETRAS GALEGAS 2019 EN SADA

LETRAS GALEGAS 2019 EN SADA

07/05/2019

O Concello de Sada programa diversos actos con motivo da celebración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas 2019, adicado este ano ao historiador e xeógrafo Antón Fraguas.

A Banda de Música de Sada rende homenaxe ao Deporte

A Banda de Música de Sada rende homenaxe ao Deporte

13/04/2019

-Programa un concerto domingo 14 de abril na Casa da Cultura onde interpretarán temas de bandas sonoras de películas de temática deportiva así como cancións pop-rock moi habituais en competicións e recintos deportivos que convertéronse en himnos deportivos.

Día das Letras Galegas 2017 en Sada

Día das Letras Galegas 2017 en Sada

16/05/2017

O Concello de Sada, ademáis do vídeo de promoción da lingua galega , programa diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2017.

O mércores 17 de maio a concellería de Cultura, xestionada pola socialista María Pardo, programa dentro do programa “Ler conta moito” o pictograma “Carlos Casares” na Biblioteca Municipal Suárez Picallo ás 12:00 horas con entrada libre. Esta actividade para nenos e nenas de 5 a 12 anos é unha proposta diferente, dirixida os pequenos da casa para celebrar o Día das Letras Galegas.

Cultura presenta á “Curuxa Catuxa”, a nova mascota da Biblioteca Municipal Suárez Picallo

Cultura presenta á “Curuxa Catuxa”, a nova mascota da Biblioteca Municipal Suárez Picallo

31/03/2017

-A concellería de Cultura, xestionada pola socialista María Pardo, programa este fin de semana contacontos e concertos didácticos, así como una exposición nos primeiros quince días do mes de abril, para conmemorar o Día do Libro Infantil.

A V Feira Modernista potencia a música na rúa, a danza, a arquitectura e a presenza galega e local no programa.

A V Feira Modernista potencia a música na rúa, a danza, a arquitectura e a presenza galega e local no programa.

23/07/2016

- REVISTA A MODERNISTA (A NOSA PROGRAMACIÓN EN FORMATO XORNAL)

- PROGRAMA COMPLETO V FEIRA MODERNISTA