D. Oscar Benito Portela Fernández
Alcalde
Teléfono: 981620075 (ext 225)
Contacto: alcaldia@sada.gal
As novas tecnoloxías cambiaron nos últimos anos a forma de comunicarse das persoas. As administracións públicas non son alleas a esta circunstancia. Queremos apostar por un espazo dixital moderno e áxil, que permita á xente ter toda a información que xenera o Concello e que tamén lle permita achegarnos os seus problemas, as súas queixas e as súas suxestións. É a xente a que mellor sabe o que necesita Sada e é o noso traballo escoitala e solucionar os seus problemas.
Transparencia e participación son dous eixos básicos da política do noso goberno. A web é unha ferramenta importante de comunicación, polo que vos convido a empregala.