Urbanismo e emprego...

AXENDA

Urbanismo e emprego

 D. Francisco Xosé Montouto Pérez

 Urbanismo e emprego

 Teléfono : 981902179

 Contacto : francisco.montouto@sada.gal


 Dende a Concellaría de Urbanismo e Emprego apostamos: 

En primeiro lugar por poñer en valor un Urbanismo ao servizo do interese social, que sexa participativo, transparente e igualitario, que aposte polo crecemento sostible, a nivel territorial e medioambiental, que promova e potencie a renovación e rehabilitación urbanas, a posta en valor dos espazos naturais e do patrimonio construído, que garante o dereito a unha vivenda digna, e a reserva de solo industrial e comercial para garantir unha economía produtiva.

En segundo lugar apostamos por potenciar a área de emprego dotandoa de mellores recursos e apostamos por mellorar as políticas activas de emprego asi como os servizos de desenvolvemento local e de asesoramento a todas aquelas persoas que se atopen nunha situación de desemprego.


Cursos gratuitos en Sada no marco da programación de actividades da Rede Eusumo

Cursos gratuitos en Sada no marco da programación de actividades da Rede Eusumo

13/02/2019

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada colabora na organización de dous cursos gratuitos no marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, en colaboración coa Unión de Cooperativas Espazocoop e a Consellería de Economía, Emprego e Industria - Xunta de Galicia - F.S.E, dirixido a persoas emprendedoras, grupos promotores de cooperativas e a persoas interesadas en xeral.

EMPREGABILIDADE PARA A BÚSQUEDA DE EMPREGO

EMPREGABILIDADE PARA A BÚSQUEDA DE EMPREGO

06/02/2019

DIRIXIDO A: os mozos menores de 30 anos inscritos no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil, que se atopan en situación de desemprego e que, actualmente sumáronse ao Plan PICE das Cámaras de Comercio. O programa admitirá a un mínimo de 10 alumnos/as e un máximo de 25.

CONECTADOS AO EMPREGO

CONECTADOS AO EMPREGO

06/02/2019

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza o curso "Conectad@s ao emprego".

Inscrición en liña

Curso gratuito de seguridade en plantas petroquímicas.

Curso gratuito de seguridade en plantas petroquímicas.

04/02/2019

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza un curso gratuito de seguridade en plantas petroquímicas.

Curso gratuito de seguridade e manexo de carretillas elevadoras.

Curso gratuito de seguridade e manexo de carretillas elevadoras.

04/02/2019

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza un curso gratuito de seguridade e manexo de carretillas elevadoras.

Sada comeza a mellora de once camiños nas parroquias

Sada comeza a mellora de once camiños nas parroquias

30/01/2019

-O Concello de Sada, a través da concellaría de Obras e Servizos, adxudicou o proxecto de mellora da seguridade viaria nos camiños das parroquias. A empresa adxudicataria, Ponciano Neto SL, comezará a próxima semana as obras que inclúen limpeza de cunetas, servizos, dotación de áridos e tripla rega asfáltico.

OBRADOIRO "ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO"

OBRADOIRO "ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO"

28/01/2019

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada colabora na organización dun curso no marco da programación de actividades da Rede Eusumo: OBRADOIRO 'ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO', en colaboración coa Unión de Cooperativas Espazocoop e a Consellería de Economía, Emprego e Industria - Xunta de Galicia - F.S.E

Charla: Cómo mellorar as miñas opcións para atopar emprego?

Charla: Cómo mellorar as miñas opcións para atopar emprego?

28/01/2019

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada organiza unha Charla: Cómo mellorar as miñas opcións para atopar emprego

@salto@