Promoción económica, turismo...

AXENDA

Promoción económica, turismo e medio ambiente

 D. Xosé Lois Suárez Becerra

 Promoción económica, turismo e medio ambente

 Teléfono : 981620075 - Ext:222

 Contacto : liss.becerra@sada.gal


O Futuro de Sada é Industria, é Comercio, É Hostelería, é Turismo, é medio Ambiente. A responsabilidade que temos nesta área é facer partícipes de conquerir este obxectivo a todos@s sadenses. Desde As Brañas á Punta de San Mamede, desde o Pazo de Meirás ata Sargadelos, desde a Terraza á praia de San Pedro, desde os mariscadores ata  os mariñerios do cerco ou os labregos. Temos un enorme potencial patrimonial, cultural, social, medioambiental por defender, por explotar de xeito sostible.

O Presente pasa pola aplicación de políticas de dinamización, defensa e promoción da nosa realidade para poder competir na comarca das Mariñas e fóra dela. A desestacionalización de xeito integral na organización de eventos e na elaboración de planeamentos son fundamentais no camiño de conquerir o que nos propoñemos. A posta en marcha do Hotel e do Sadabús contribuíran á súa consecución. Sada debe ser atractiva todo o ano, debe estar viva todo o ano. Temos potencial abondo: o Porto Deportivo, o Pesqueiro, os polígonos, as cerámicas do Castro, o Roteiro, As Brañas, O Pazo, a Ría...a xente. Para min, coma concelleiro, esto supón un enorme reto, aínda máis responsibilidade pero sobre todo orgullo e compromiso con todas e todos os veciños de Sada. É posible. Depende de tod@s

 


Tapas de Entroido durante todo o fin de semana en Sada

Tapas de Entroido durante todo o fin de semana en Sada

21/02/2019

-A 4ª edición do concurso de Tapas de Entroido se celebrará os días 22,23 e 24 de febreiro nos locais de hostelería sadense que ofrecerán as suás propostas ao prezo de 1 euro.

Sada celebra en marzo a III Exposición da Camelia de As Mariñas

Sada celebra en marzo a III Exposición da Camelia de As Mariñas

12/02/2019

O fin de semana do 16 e 17 de marzo a Camelia será novamente protagonista en Sada. A aposta da concellería de Promoción Económica e Medio Ambiente é ter mais e mais expositores locais tanto do propio concello sadense coma dos limítrofes agardando superar o número destes fronte aos do ano pasado.

ENTROIDO DE TAPAS 2019

ENTROIDO DE TAPAS 2019

04/02/2019

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, xunto co sector hosteleiro e a agrupación Eres de Tapas Si...  organiza os próximos 22,23 e 24 de febreiro a IV edición do Entroido de Tapas co obxetivo de promocionar e potenciar a hostelería local, a restauración e o turismo no municipio.

A campaña “Nadal Distinto, Nadal en Sada” supera os sesenta comercios

A campaña “Nadal Distinto, Nadal en Sada” supera os sesenta comercios

29/11/2018

-Para conseguir premios os clientes só teñen que atopar a “barba de Papa Noel”, a protagonista da imaxe da campaña.  Por cada cinco euros de compra recibirán unha pegatina para completar unha tarxeta coa que entrarán no sorteo da cesta de regalos, un vale de 200 euros ou a unha experiencia náutica pola ría de Sada. Para participar no sorteo, as tarxetas deberán depositarse na furna situada na terceira planta do Concello.

CAMPAÑA NADAL DISTINTO, NADAL EN SADA

CAMPAÑA NADAL DISTINTO, NADAL EN SADA

20/11/2018

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, xunto co sector comercial e empresarial do Concello de Sada, co obxetivo de promocionar e potenciar o comercio local e o consumo de proximidade neste municipio, pon en marcha a campaña "Nadal Distinto, nadal en Sada" na que poderá participar calquera establecemento comercial que o solicite

Un mar de vida para a cidadanía: Traballando polo turismo responsable no Golfo Ártabro

Un mar de vida para a cidadanía: Traballando polo turismo responsable no Golfo Ártabro

12/11/2018

Seminario organizado polo CEIDA coa colaboración do GALP Golfo Ártabro Norte e GALP Golfo Ártabro Sur e o Concello de Sada a través da concellería de Medio Ambiente e Turismo.

As Brañas, Espazo Natural de Interese Local

As Brañas, Espazo Natural de Interese Local

08/11/2018

A XUNTA DE GALICIA PUBLICA O ANUNCIO POLO QUE SE SOMETE A EXPOSICIÓN PÚBLICA A DECLARACIÓN ENIL DE AS BRAÑAS DE SADA

Documentación completa do ENIL As Brañas de Sada

Esperto enche de propostas o outono sadense

Esperto enche de propostas o outono sadense

02/11/2018

O Movemento Cultural Esperto volta un ano máis a propoñer Sada coma referencia da fotografía, a música, a danza, a poesía, a pintura e outras disciplinas na Comarca das Mariñas.