Facenda, participación cidadá,...

AXENDA

Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá

 D. Oscar Benito Portela Fernández

 Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá

 Teléfono : 981620075

 Contacto : alcaldia@sada.gal 

 

 

O primeiro obxetivo que nos propuxemos no goberno ao comezo do mandato, foi axudar a facer un Concello de portas abertas,cercano á xente.Ese é o noso compromiso,que dende cada área de goberno lle facilitemos a vida á xente e lles demostremos que a súa opinión é fundamental para construir a Sada do futuro,escoitando as súas propostas e resolvendo os seus problemas.


Co orzamento xa aprobado,con este novo espazo dixital que supón unha clara aposta pola transparencia e a participación,imos facendo camiño.

Invitovos a participar,tedes liña directa co Concello,para min será un pracer escoitar as vosas propostas.

 


A concellería de Deportes concede 10.500€ en becas para deportistas de Sada

A concellería de Deportes concede 10.500€ en becas para deportistas de Sada

22/12/2017

-A concellería de Deportes concedeu axudas a un total de 19 deportistas sadenses que compiten en disciplinas como taekwondo, atletismo hípica, kárate, salvamente acuático ou patinaxe de velocidade.

Sada aproba actuacións en Plans Provinciais por valor de 1 millón de euros.

Sada aproba actuacións en Plans Provinciais por valor de 1 millón de euros.

21/12/2017

-A corporación celebrou no día de onte un pleno extraordinario onde aprobou as obras que o Concello de Sada presentará á Deputación Provincial dentro do Plan de Obras e Servizos (POS+) e o Plan Complementario, ambos do 2018.

Sada proxecta a rehabilitación integral do sistema viario do polígono industrial de Coiro

Sada proxecta a rehabilitación integral do sistema viario do polígono industrial de Coiro

21/12/2017

O goberno municipal de Sada quere pór solución ás carencias do polígono industrial de Coiro, unha área que, a pesar da súa alta ocupación, presenta danos importantes, nun tramo onde a estrada, o Nacional-V, está desdobrada e o acceso principal ás empresas sitúase nunha área de dominio público adscrita ao Ministerio de Fomento.

Subvencións para entidades de actividades culturais e de promoción de festexos e para entidades deportivas

Subvencións para entidades de actividades culturais e de promoción de festexos e para entidades deportivas

20/12/2017

Publicadas no  BOP as Bases da Convocatoria de subvencións as entidades dades sen ánimo de lucro para actividades culturais e promoción de festexos e as bases de subvencións dirixidas ás entidades deportivas para o ano 2017

Sada renovará o acceso ao barrio de Fontán respetando a actual estética

Sada renovará o acceso ao barrio de Fontán respetando a actual estética

20/12/2017

O Concello executará o proxecto tras aprobalo onte entre os incluídos no Plan de Obras da Deputación.

Sada, 20 de decembro 2017.

Sada renovará a rede de subministración en Barrié de la Maza para evitar problemas no verán

Sada renovará a rede de subministración en Barrié de la Maza para evitar problemas no verán

15/12/2017

A obra, que se inclúe nos proxectos que se presentan para a súa aprobación no pleno do próximo martes, inclúe a instalación dunha tubaxe máis ancha da Igrexa Nova á praza de España.

Sada inclúe a renovación do Paseo Marítimo no Plan de Obras Provincial

Sada inclúe a renovación do Paseo Marítimo no Plan de Obras Provincial

15/12/2017

O paseo marítimo é unha das infraestruturas de referencia do centro de Sada, pero leva sen reformar desde os anos noventa, fóra da recente remodelación do carril bici, e ante a súa evidente deterioración inclúese a súa reforma dentro dos proxectos financiados pola Deputación no seu Plan de Obras e Servizos que se debaterán no pleno do próxzimo martes.

A Xunta de Galicia publica no DOG o anuncio de aprobación do Plan Xeral de Sada

A Xunta de Galicia publica no DOG o anuncio de aprobación do Plan Xeral de Sada

29/11/2017

Con data 29 de novembro a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publica no Diario Oficial de Galicia a Orde do 11 de outubro de 2017 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Sada.