Facenda, participación cidadá,...

AXENDA

Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá

 D. Oscar Benito Portela Fernández

 Facenda, participación cidadá, transparencia, normalización lingüística e seguridade cidadá

 Teléfono : 981620075

 Contacto : alcaldia@sada.gal 

 

 

O primeiro obxetivo que nos propuxemos no goberno ao comezo do mandato, foi axudar a facer un Concello de portas abertas,cercano á xente.Ese é o noso compromiso,que dende cada área de goberno lle facilitemos a vida á xente e lles demostremos que a súa opinión é fundamental para construir a Sada do futuro,escoitando as súas propostas e resolvendo os seus problemas.


Co orzamento xa aprobado,con este novo espazo dixital que supón unha clara aposta pola transparencia e a participación,imos facendo camiño.

Invitovos a participar,tedes liña directa co Concello,para min será un pracer escoitar as vosas propostas.

 


Sada leva a pleno un orzamento social e comprometido coa xente

Sada leva a pleno un orzamento social e comprometido coa xente

28/01/2016

O capítulo de investimentos ascende a 441.600€ para a realización de 23 actuacións en educación, mobilidade, sanidade, instalacións deportivas, industria e medioambiente ademáis de aumentos en todas as áreas con especial relevancia en educación, cultura, deportes e emprego.

Sada beneficiarase o próximo ano dunha rebaixa no imposto de bens inmobles (IBI)

Sada beneficiarase o próximo ano dunha rebaixa no imposto de bens inmobles (IBI)

07/12/2015

O goberno municipal decidiu non levar a pleno a modificación do IBI, que supoñería continuar con 0,60% de tipo impositivo para os inmuebles de natureza urbana, e volve ao tipo que estaba establecido no municipio, antes de que o goberno estatal decidise subilo, que era do 0,50%.

Benito Portela e Xulio Ferreiro avanzan solucións en movilidad sostenible e participación cidadá

Benito Portela e Xulio Ferreiro avanzan solucións en movilidad sostenible e participación cidadá

23/11/2015

O alcalde de Sada e o seu homólogo da Coruña reuníronse en María Pita para tratar varios puntos que incumben aos dous concellos.En próximas datas asinarase un novo convenio de colaboración para que os servizos de urxencia de Sada reciban material propiedade do concello coruñés.Ferreiro e Portela avanzaron liñas de actuación en movilidad sostenible e debateron sobre a consecución de concellos con portas abertas á cidadanía.

Sada baixa o recibo da auga

Sada baixa o recibo da auga

29/10/2015

- O pleno da corporación debaterá esta tarde a nova taxa polo servizo de distribución de auga e o servizo de redes de sumidoiros que supón unha redución do 1% con respecto ao ano anterior.