Oficina municipal de...

AXENDA

Oficina municipal de información xuvenil -OMIX

A OMIX de Sada (Oficina Municipal de Información Xuvenil ) é un servizo público que o Concello pon á túa disposición e que intenta responder ás necesidades de información que teñen os mozos do municipio sobre recursos, actividades e temas do seu interese.

Inaugurada o 1 de marzo de 1995, a OMIX forma parte da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil da Xunta de Galicia.

Servizos :

  1. Procura, tratamento, dinamización e difusión de información xerada por institucións tanto públicas como privadas.
  2. Información e atención ao usuario.
  3. Servizo de internet.
  4. Tramitación do Carné Xove.
  5. Elaboración e desenvolvemento de programas de dinamización xuvenil.

 

Horario de atención ao público

Luns a venres de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h.
Desde o 15 de xuño ao 15 de setembro: Horario de 09:00 a 15:00 h.

 



CABALGATA DE REIS 2019

CABALGATA DE REIS 2019

04/12/2018

A concellería de Cultura e Praias convoca a participación dun grupo de persoas colaboradoras para acompañamento da Cabalgata 2019 dende as “Carrozas Reais” no seu percorrido polas rúas sadenses.

CONVOCATORIA DE AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2018-2019.

CONVOCATORIA DE AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2018-2019.

27/11/2018

Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e procedementos de concesión de axudas para afrontala os gastos orixinados polo comezo do curso escolar, constituíndo unha acción de fomento. A concesión das subvencións previstas nas presentes bases tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Sendereando polo Roteiro Val de Bregua (Arteixo)

Sendereando polo Roteiro Val de Bregua (Arteixo)

26/11/2018

A Concellería de Educación, Xuventude e Saúde organiza para o 16 de decembro o Sendereando polo Roteiro Val de Bregua en Arteixo. 

Inscrición en liña

OBRADOIROS DE NADAL 2018

OBRADOIROS DE NADAL 2018

22/11/2018

O Concello de Sada, a través da Concellaría de Educación, Xuventude, Saúde organiza os Obradoiros de Nadal, que é unha oferta de actividades de lecer durante este periodo non lectivo para rapaces e rapazas nados entre o 2014 e o 2006.

 Acende o Nadal 2018

Acende o Nadal 2018

16/11/2018

A Concellaría de Educación, Xuventude, Saúde do Concello de Sada organiza a 4ª edición “Acende o Nadal” que consiste na selección mediante sorteo dunha familia sadense que será a encargada de realizar o acendido navideño 2018.

Cultura programa Máis.Cul nas parroquias de Sada

Cultura programa Máis.Cul nas parroquias de Sada

06/11/2018

Máis.cul é un programa de intervención sociocultural nas parroquias do Concello organizado pola concellería de Cultura e Praias que ten como obxectivos dinamizar o entorno comunitario e promover a participación activa da veciñanza na vida cultural e social de Sada.

Sendereando por Cabo Prior

Sendereando por Cabo Prior

01/11/2018

A Concellería de Educación, Xuventude e Saúde programa un roteiro por Cabo Prior o domingo 18 de novembro

Listaxe participantes Sendereando Cabo Prior

Samaín 2018 Sada

Samaín 2018 Sada

29/10/2018

A concelleria de Educación, Xuventude e Saúde, ven de publicar as actividades a celebrar o 31 de outubro no Samaín de Sada.

17:00-20:30 - Truco ou Trato polos comercios de Sada