A biblioteca de Sada, "A túa biblioteca"
Non hai ningunha biblioteca como a de Sada, por moitas razóns: a súa forma arquitectónica, as súas traballadoras ... pero sobre todo polos seus usuarios e usuarias.
Horario inverno:
Mañás de luns a venres: de 9 h a 14 h.
Tardes de luns a venres: de 16 h a 20 h (só sala estudo / lectura e devolución. A partir de mediados de outubro 2020 abrirá con todos os servizos).
Sábados mañá: de 10 h a 13 h.
Horario verán (xullo e agosto):
Mañás de luns a venres: de 8 h a 14 h.
Servizos
Que che ofrece a Biblioteca Municipal de Sada?
- Lectura e consulta en sala.
A biblioteca conta cun espazo para a lectura dos seus fondos. O/A usuario/a adulto/a conta con máis de 60 postos repartidos ao longo de todo o espazo bibliotecario. - Información bibliográfica.
O persoal bibliotecario oriéntache e informa sobre a procura e recuperación de información ademais de axudarche no uso dos servizos bibliotecarios. - Préstamo de documentos.
Para utilizar este servizo debes ter o carné de socio da biblioteca. Se es menor de 12 anos, a solicitude debe ir asinada polo pai/nai ou titor/a (Ver Regulamento da Biblioteca). - Reserva de documentos.
É un servizo dirixido sobre todo a gestionar de forma máis eficaz as lecturas obrigatorias e as novidades literarias. - Promoción á lectura.
A biblioteca no seu esforzo para promocionar a lectura entre a cidadanía organiza actividades dirixidas sobre todo ao público infantil. Ver Sección Actividades. - Acceso a internet.
A biblioteca dispón de postos individuais para acceder a internet.