Dña. Isabel Reimúndez Suárez
Benestar Social e Igualdade
Teléfono: 981620567
Contacto: isabel.reimundez@sada.gal
Dña. Isabel Reimúndez Suárez
Benestar Social e Igualdade
Teléfono: 981620567
Contacto: isabel.reimundez@sada.gal
19/12/2016
O Concello de Sada condena os crimes sucedidos este fin de semana e mostra a súa repulsa máis absoluta a violencia machista.
Sada súmase ás mostras de dor en memoria das vítimas de violencia machista e convoca a todas e todos os seus veciños á concentración Ou Machismo Mata! que terá lugar mañá ás 20:00 horas no Obelisco da Coruña
07/12/2016
A concellería de Benestar e Igualdade remata este venres coas actividades programadas na campaña contra a violencia de xénero coarepresentación teatral "Lazos de vida" dirixida polo escritor sadense Antonio Hidalgo, e que conta coa colaboración de Pepe Piña, músico e cantautor.
30/11/2016
-As obras realizadas durante todo este ano na Escola Infantil Flora Ramos levaronse a cabo con cargo a unha partida de 15,000€, que a concelleira nacionalista de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez, habilitou no orzamento do 2016 para realizar diversas reformas e melloras nos edificios das competencias da propia concellaría.
22/11/2016
A concellería de Benestar e Igualdade, xestionada pola nacionalista Isabel Reimundez, conmemora o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminacion da Violencia contra as Mulleres, desenvolvendo varias actividades dirixida a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.
18/11/2016
O Pazo de Raxoi acolleu onte a sinatura dun protocolo de colaboración entre os 17 concellos adheridos á campaña En negro contra a violencia. No acto estiveron representados 15 destes consistorios, en concreto polos os alcaldes e alcaldesas de Ames, José Manuel Miñones; Lugo, Lara Méndez; Ribadeo, Fernando Suárez; Santiago, Martiño Noriega; Sarria, Pilar López; Vilaba, Agustín Baamonde e Zas, Manuel Muíño. Tamén estiveron os concelleiros e concelleiras de Igualdade de Cangas, Tomás Hermelo; Carballo, María del Carmen Ures; A Coruña, Rocío Fraga; Ferrol, Sainza Ruíz; Poio, Rosa Fernández; Sada, Isabel Reimúndez; Teo, Ignacio Iglesias e Tui, Laureano Alonso.
15/11/2016
-Máis de medio centenar de empresas de todos os sectores do municipio participarán o venres na campaña “Sada en negro”.
-Isabel Reimundez, a concelleira nacionalista resposable de Benestar Social e Igualdade, sinala que “as empresas de Sada únense ante un problema que temos como sociedade, que non é outro que a violencia contra a muller”.
15/11/2016
A alta participación nas actividades que programou a concellería de Benestar e Igualdade para personas maiores de 55 anos levou a Isabel Reimundez, a ampliar o número de prazas nos obradoiros máis demandados.
31/10/2016
- Con esta aplicación os veciños verán mellorados os horarios de atención, estarán geolocalizados para facilitar a visita dos profesionais e até poderán ter acceso o seu historial, ao plan de intervención, os incidentes que tiveron e, deste xeito, diminuír as consultas ou chamadas telefónicas.