Dña. Isabel Reimúndez Suárez
Benestar Social e Igualdade
Teléfono: 981620567
Contacto: isabel.reimundez@sada.gal
Dña. Isabel Reimúndez Suárez
Benestar Social e Igualdade
Teléfono: 981620567
Contacto: isabel.reimundez@sada.gal
30/03/2017
-O orzamento do ano 2017, que se presenta hoxe a pleno, aumenta un 6,7% con respecto ao do ano anterior quedando en 12.156.880€.
@salto@
30/03/2017
O presente documento recolle a proposta de creación dos Consellos Sectoriais de Sada, atendendo ao aportado polas persoas participantes nas primeiras accións do proceso.
Documento dos Consellos Sectoriais de Sada - Proposta de Participación Veciñal
27/03/2017
- Na intervención de Portela no acto, no que se lle entregou á familia da viúva de Isaac Díaz Pardo, a distinción de Filla Adoptiva de Sada e se presentou o caderno “Mimina: unha vida ao servizo da cultura galega”, destacou a figura de Carmen Arias “Mimina” sinalando que “as súas mans labraban fermosísimas alfaias que sargadeleaban polo mundo sen que ninguén soubese que eran daquela muller miúda.”
06/03/2017
A Capela de San Roque acollé a exposición MATRIARCAS da artista, Ana Sastre, que poderá contemplarse ata fin de mes.
O próximo mércores 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller terá lugar a presentación da exposición organizada pola concellería de Benestar coa presenza da artista e da concelleira nacionalista, Isabel Reimundez.
01/03/2017
- O Concello atende á petición da asociación O Candil, que recollera firmas reclamando un espazo protexido
Sada 1 marzo 2017
16/02/2017
-Coincidindo co 180 aniversario do nacemento da poetisa o próximo venres 24 celebrarase unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro na Capela de San Roque de 19:30 a 21:00 horas.
07/02/2017
Os próximos 2 e 3 de marzo desprazarase a Sada o equipo móbil da Dirección Xeral da Policía para a expedición ou renovación do DNIe. @salto@ Sada, 7 febreiro 2016
21/12/2016
A concellaría de Benestar, a través do departamento de Servizos Sociais, convoca as actividades de Universo Diverso, para persoas con diversidade funcional.
Desde Servizos Sociais programan diversos obradoiros que terán lugar en horario de 10:30 a 13:30 horas. O obradoiro de teatro realizarase cada luns na Casa da Cultura, os mércores terá lugar o obradoiro de novas tecnoloxías na aula CeMit e os xoves, nas dependencias de Servizos Sociais, levará a cabo o obradoiro de pintura.