SERVIZOS PARA O BENESTAR DAS PERSOAS
SERVIZO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN SOCIAL
- Primeira atención: información e asesoramento sobre recursos, prestacións e axudas sociais do propio sistema de servizos sociais e doutros sistemas de protección social (sanidade, educación, vivenda…).
- Valoración das necesidades sociais.
- Axudas económicas de emerxencia social municipal.
- Axudas económicas periódicas e de emerxencia social da Xunta de Galicia. Renda de integración social.
- Servizo de asesoría xurídico-social (Plan coordinador de Servizos Sociais do consorcio As Mariñas).
SERVIZO DE ATENCIÓN Á FAMILIA E Á UNIDADE CONVIVENCIAL
- Apoio psico-social. Intervención interdisciplicinar en situacións de conflito e/ou crise.
- Programa de Educación Familiar.
- Gabinete de inserción socio-laboral (Plan coordinador de servizos sociais do consorcio As Mariñas), dirixido a persoas que presentan especiais dificultades para a súa inserción socio-laboral.
SERVIZO DE ATENCIÓN Á AUTONOMÍA E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA
- Valoración e tramitación das prestacións que contén o catálogo de servizos e prestacións da Lei de Autonomía e Atención á Dependencia: centros residenciais, centros de día, axudas económicas para a autonomía, eliminación de barreiras.
- Servizo de axuda no fogar. Modalidade dependencia e libre concorrencia.
- Teleasistencia.
- Xantar no fogar.
SERVIZO DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE FUNCIONAL
- Servizo especializado de ámbito local. Asesoramento e orientación especializada.
- Talleres e obradoiros para persoas con discapacidade intelectual.
- Club de Ocio.
SERVIZO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES
- Envellecemento saudable.
- Programa de actividades sociais dirixido ás persoas maiores de 55 anos. Talleres e obradoiros semanais.
- Programas de vacacións e termalismo social Imserso e Xunta de Galicia.
IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E PREVENCION DA VIOLENCIA DE XÉNERO
- Actividades de sensibilización e difusión da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
- Servizo de atención ás vítimas de violencia de xénero.
- Campañas de difusión e sensibilización.
VOLUNTARIADO E COOPERACIÓN SOCIAL
- Voluntariado social.
- Apoio e colaboración con entidades de iniciativa social.
- Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.