Servizos sociais...

AXENDA

Servizos sociais

SERVIZOS PARA O BENESTAR DAS PERSOAS 

SERVIZO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN SOCIAL

  • Primeira atención: Información e Asesoramento sobre recursos, prestacións e axudas sociais do propio sistema de servizos sociais e doutros sistemas de protección social (sanidade, educación, vivenda…)
  • Valoración das necesidades sociais.
  • Axudas económicas de emerxencia social municipal.
  • Axudas económicas periódicas e de emerxencia social da Xunta de Galicia. Renda de Integración Social.
  • Servizo de Asesoría Xurídico-Social (Plan coordinador de Servizos Sociais do consorcio de As Mariñas).

 

SERVIZO DE ATENCIÓN Á FAMILIA E Á UNIDADE CONVIVENCIAL. 

  • Apoio psico-social. Intervención interdisciplicinar en situacións de conflicto e/ou crisis.
  • Programa de Educación Familiar.
  • Gabinete de Inserción socio-laboral (Plan coordinador de servizos sociais do consorcio As Mariñas)., dirixido a persoas que presentan especiais dificultades para a sua inserción socio-laboral

 

SERVIZO DE ATENCIÓN Á AUTONOMÍA E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA. 

  • Valoración e tramitación das prestacións que contén o catálogo de servizos e prestacións da Lei de Autonomía e Atención á Dependencia: centros residenciais, centros de día, axudas económicas para a autonomía, eliminación de barreiras.
  • Servizo de axuda no fogar. Modalidade dependencia e libre concorrencia.
  • Teleasistencia
  • Xantar no fogar.

 

SERVIZO DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE FUNCIONAL 

  • Servizo especializado de ámbito local. Asesoramento e orientación especializada.
  • Talleres e Obradoiros para persoas con discapacidade intelectual.
  • Club de Ocio.

 

SERVIZO DE ATENCIÓN AS PERSOAS MAIORES

  • Envellecemento Saudable.
  • Programa de actividades sociais dirixido ás persoas maiores de 55 anos. Talleres e Obradoiros semanais.
  • Programas de vacacións e termalismo social Imserso e Xunta de Galicia.



IGUALDADE de OPORTUNINADADES e PREVENCION DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

  • Actividades de sensibilización e difusión da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
  • Servizo de atención as vítimas de violencia de xénero.
  • Campañas de difusión e sensibilización. 


VOLUNTARIADO E COOPERACIÓN SOCIAL

  • Voluntariado Social
  • Apoio e colaboración con entidades de iniciativa social
  • Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade 

 


SADA FLETA UN AUTOBÚS GRATUITO PARA ACUDIR A VIII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

SADA FLETA UN AUTOBÚS GRATUITO PARA ACUDIR A VIII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

15/11/2019

 

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade de Sada freta un autobús gratuíto á VIII Andaina contra a Violencia de Xénero do sábado 23 de novembro organizada polo Consorcio das Mariñas. A marcha a pé trátase dun percorrido circular que parte ás 10:30 do Centro cultural A Fábrica de Perillo e termina no mesmo sitio tras 5 quilómetros de marcha.

Sada tinguirase de negro contra a violencia de xénero por carto ano consecutivo

Sada tinguirase de negro contra a violencia de xénero por carto ano consecutivo

11/11/2019

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel Reimúndez anima a asociacións, clubs deportivos, axentes sociais, establecementos comerciais, de hostalaría ou calquera colectividade do municipio a participar nesta campaña.

Sada da comezo as actividades de envellecemento activo con récord de participación

Sada da comezo as actividades de envellecemento activo con récord de participación

17/10/2019

Un total 314 veciños e veciñas do municipio participarán das distintas actividades deportivas e obradoiros polo que desde a concellería de Benestar e Igualdade estase a valorar a creación de novos grupos para dar resposta a alta demanda.

Sada presente na asamblea do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Sada presente na asamblea do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

10/10/2019

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel Reimundez, participa esta mañá en Compostela, como representante do Concello de Sada, na asamblea do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Excelente acollida do obradoiro dirixido a familias con fillos adolescentes

Excelente acollida do obradoiro dirixido a familias con fillos adolescentes

24/05/2019

O OBRADOIRO DIRIXIDO A FAMILIAS CON FILL@S ADOLESCENTES, ORGANIZADO DENDE A CONCELLERIA DE BENESTAR SOCIAL DO CONCELLO DE SADA, TIVO UNHA MOI BOA VALORACIÓN DAS PERSOAS PARTICIPANTES.

@salto@

III Plan de Igualdade do Concello de Sada

III Plan de Igualdade do Concello de Sada

20/05/2019

Ti fas Igualdade! Participa na elaboración do III Plan de Igualdade de Sada que están a facer dende os Servizos Sociais da Concellería de benestar Social e Igualdade.

Cuestionario de participación

Aberta inscrición para o obradoiro “Acompañando na adolescencia”

Aberta inscrición para o obradoiro “Acompañando na adolescencia”

22/04/2019

A concellería de Benestar  Social e Igualdade, a través dos Servizos Sociais muinicipais, ofrece aos pais e nais de fillos/as adolescentes a posibilidade de participar no obradoiro “Acompañando na Adolescencia” que pretende crear un espazo compartido para dotar ás familias de pautas e recursos para afrontar a etapa da adolescencia.