Alcaldía...

AXENDA

Alcaldía

 D. Oscar Benito Portela Fernández

 Alcalde

 Teléfono : 981620075 (ext 225)

  Contacto : alcaldia@sada.gal


As novas tecnoloxias cambiaron nos últimos anos a forma de comunicarse das persoas. As administracións públicas non son alleas a esta circunstancia. Queremos apostar por un espazo dixital moderno e áxil, que permita á xente ter toda a información que xenera o Concello e tamén lle permita achegarnos os seus problemas, as súas queixas e as súas suxerencias. É a xente a que mellor sabe o que necesita Sada e é o noso traballo escoitala e solucionar os seus problemas.

Transparencia e participación son dous eixos básicos da política do noso goberno, a web é unha ferramenta importante de comunicación, invítovos a utilizala.


Sada celebra o Día Internacional do Libro Infantil con numerosas actividades

Sada celebra o Día Internacional do Libro Infantil con numerosas actividades

02/04/2019

O Concello de Sada, a través da Biblioteca Municipal, organiza diversas actividades para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil nas que convidan a participar aos veciños e veciñas de Sada.

Sada tira de arte urbano para render homenaxe a Isaac Díaz Pardo

Sada tira de arte urbano para render homenaxe a Isaac Díaz Pardo

31/03/2019

-A artista galega Lula Goce deixará pegada en Sada cun mural situado nunha fachada á entrada do centro urbano pola avenida que leva o nome do intelectual galego.

-“A iniciativa enmárcase dentro dunha aposta do Concello de Sada, a través da Concellería  de Urbanismo e Emprego pola rexeneración e dignificaron de determinadas zonas urbanas de Sada, a través da arte urbano e as súas distintas expresións. Dicha aposta o é tamén no apoio á creatividade urbana”, sinala o concelleiro Francisco Montouto.

Mellora de seguridade viaria nunha decena camiños das parroquias de Sada

Mellora de seguridade viaria nunha decena camiños das parroquias de Sada

30/03/2019

-O Concello de Sada, a través da concellaría de Obras e Servizos, comezou esta semana a mellora da seguridade viaria de camiños nas parroquias de Veigue, Carnoedo, Meirás, Soñeiro e Mondego onde realizará obras de limpeza  de cunetas, servizos, dotación de áridos e rega asfáltico.

Sada programa dez roteiros no SendereAndo no Camiño de Santiago

Sada programa dez roteiros no SendereAndo no Camiño de Santiago

25/03/2019

O Concello de Sada programa  SendereAndo no Camiño, un proxecto de interpretación do patrimonio natural e cultural a través de dez roteiros de sendeirismo por tramos do Camiño de Santiago.

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL 2019

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL 2019

22/03/2019

Actualizado a 22 de marzo 2019

O obxecto desta convocatoria é a provisión polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, dun (1) posto de persoal técnico de orientación laboral que prestará servizo no Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal, consonte á subvención concedida ao abeiro da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia do 19 de xaneiro de 2018.

Sada organiza un espectáculo para bebes e un contacontos

Sada organiza un espectáculo para bebes e un contacontos

21/03/2019

O Concello de Sada, a través da Biblioteca Municipal, organiza o venres 22 de marzo en horario de 18:00 a 18:30 horas “Historias no mar" un espectáculo de sombras para bebés” e un contacontos para público infantil "A viaxe da Osa Maruxiña"

Curso GRATUITO de prevención de riscos laborais.

Curso GRATUITO de prevención de riscos laborais.

20/03/2019

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza un curso GRATUITO de prevención de riscos laborais.

Un millón de euros para Sada en plans de eficiencia enerxética

Un millón de euros para Sada en plans de eficiencia enerxética

15/03/2019

- A UE ven de notificar ao Concello de Sada que subvenciona o 80% do proxecto de aforro e eficiencia enerxética no centro urbano e nas parroquias do termo municipal polo que se renovará a iluminación pública e no que se investirán 709.545 euros