Alcaldía...

AXENDA

Alcaldía

 D. Oscar Benito Portela Fernández

 Alcalde

 Teléfono : 981620075 (ext 225)

  Contacto : alcaldia@sada.gal


As novas tecnoloxias cambiaron nos últimos anos a forma de comunicarse das persoas. As administracións públicas non son alleas a esta circunstancia. Queremos apostar por un espazo dixital moderno e áxil, que permita á xente ter toda a información que xenera o Concello e tamén lle permita achegarnos os seus problemas, as súas queixas e as súas suxerencias. É a xente a que mellor sabe o que necesita Sada e é o noso traballo escoitala e solucionar os seus problemas.

Transparencia e participación son dous eixos básicos da política do noso goberno, a web é unha ferramenta importante de comunicación, invítovos a utilizala.


APRENDE A LER CON NORA EN GALEGO

APRENDE A LER CON NORA EN GALEGO

16/05/2019

O programa de animación á lectura con cans volve á Biblioteca Municipal para aprender a ler con Nora en galego dentro das actividades do Día das Letras Galegas

APRENDE A LER CON NORA EN GALEGO” 16/05/2019 LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS

O espectáculo Brinca Vai! chega á Biblioteca de Sada

O espectáculo Brinca Vai! chega á Biblioteca de Sada

16/05/2019

BRINCA VAI! DE AQUÍ A ACOLÁ é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", editado por Kalandraka, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos que terá lugar na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo o venres 24 de maio de 18:30 a 19:30 e para o que o Concello de Sada abre a inscrición de 25 prazas para nenos e nenas de 5 a 11 anos. 

ESCOLAS DE VERAN 2019

ESCOLAS DE VERAN 2019

13/05/2019

O Concello de Sada leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre e convoca a oferta de Escolas de Verán 2019 coas que pretende atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.

Transporte gratuito a Silleda para a realización do exame de competencias clave

Transporte gratuito a Silleda para a realización do exame de competencias clave

13/05/2019

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza dentro do Plan de Formación Municipal para o Emprego o transporte gratuito para a realización do exame de competencias clave que terá lugar en Silleda.

LETRAS GALEGAS 2019 EN SADA

LETRAS GALEGAS 2019 EN SADA

07/05/2019

O Concello de Sada programa diversos actos con motivo da celebración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas 2019, adicado este ano ao historiador e xeógrafo Antón Fraguas.

Sada programa as Noites do Moucho, actividades para mozas e mozos de 14 a 30 anos

Sada programa as Noites do Moucho, actividades para mozas e mozos de 14 a 30 anos

06/05/2019

Skatepark, cociñas do mundo, obradoiros manga ou comic, slackline, xogos de mesa, escape room, drons, robótica, parkour, graffiti ou makeblock neuron son as distintas actividades que se programan para os fins de semana de maio a xullo.

Sendereando no Camiño o domingo 5 de maio pola Vía da Prata en Silleda

Sendereando no Camiño o domingo 5 de maio pola Vía da Prata en Silleda

29/04/2019

O Concello de Sada programa un novo roteiro do programa SENDEREANDO NO CAMIÑO 2019 polo tramo da VÍA DA PRATA en Silleda o domingo 5 de maio.

LISTAXE DE PERSOAS SOLICITANTES CON PRAZA

OBRADOIRO DE SOMBRAS CHINAS

OBRADOIRO DE SOMBRAS CHINAS

26/04/2019

Prazas: 25

Listaxe de persoas admitidas