Obras e servizos...

AXENDA

Obras e servizos

Pode remitirnos incidencias sobre obras ou servizos no concello a través deste formulario.


 


A CIX ditamina a favor da modificación de crédito que permitirá executar actuacións por importe de 1,8 millóns de euros.

A CIX ditamina a favor da modificación de crédito que permitirá executar actuacións por importe de 1,8 millóns de euros.

22/04/2019

-Os 1,8 millóns de euros financianse co remanente de tesorería do 2018.

-Tamén se ditaminou favorablemente a proposta de adxudicación do contrato de limpeza viaria.

Isaac Díaz Pardo xa mira desde Sada cara as Cerámicas do Castro.

Isaac Díaz Pardo xa mira desde Sada cara as Cerámicas do Castro.

06/04/2019

 

O Concello de Sada tira da arte urbana para render homenaxe a Isaac Díaz Pardo cun mural da artista galega Lula Goce situado nunha fachada á entrada do centro urbano pola avenida que leva o nome do intelectual galego.

Mellora de seguridade viaria nunha decena camiños das parroquias de Sada

Mellora de seguridade viaria nunha decena camiños das parroquias de Sada

30/03/2019

-O Concello de Sada, a través da concellaría de Obras e Servizos, comezou esta semana a mellora da seguridade viaria de camiños nas parroquias de Veigue, Carnoedo, Meirás, Soñeiro e Mondego onde realizará obras de limpeza  de cunetas, servizos, dotación de áridos e rega asfáltico.

Comezan as obras de rehabilitación do Centro de Formación Ocupacional de Osedo

Comezan as obras de rehabilitación do Centro de Formación Ocupacional de Osedo

12/03/2019

A reforma foi adxudicada á empresa Groma Obras por 191.479 euros e contempla eliminar as ampliacións, mellorar a accesibilidade e eliminar un muro de mampostería que está na zona de aulas, para contar cun espazo máis amplo e aproveitarase como material de obra para nivelar a planta, que nestes momentos presenta diferente cota.

Sada contará con novo parque infantil na Semana Santa

Sada contará con novo parque infantil na Semana Santa

06/03/2019

-As obras, comezaron coa desgarga de material e valado de seguridade da zona, inclúen ademáis da instalación dos novos elementos de xogo a reparación e renovación do pavimento actual, a desmontaxe dos xogos preexistentes e a súa reparación e posterior entrega no almacén municipal para a recolocación polo Concello noutros parques do termo municipal. Asemesmo se instalará un novo valado na totalidade do perímetro do parque, cun deseño singular que permita a integración do parque no paseo marítimo.

Sada comeza a humanización da rúa Ponte

Sada comeza a humanización da rúa Ponte

13/02/2019

-Esta actuación virá unificar e humanizar a zona facendo da rúa Ponte unha zona de paseo a imaxe e semellanza da rúa Linares Rivas e da Praza de San Roque, primeiras en sufrir este cambio, ou da Praciña do Conde, Travesía da Obra, fronte da Oficina de Correos ou rúas Oleiros ou Abegondo, que se realizaron, ou se están levando a cabo, durante estes últimos anos

O alcalde traslada a Educación demandas dos Consellos Escolares

O alcalde traslada a Educación demandas dos Consellos Escolares

06/02/2019

Logo da celebración a pasada semana dos consellos Escolares, o alcalde de Sada reuniuse onte co delegado territorial de Educación para trasladarlle as demandas da comunidade escolar.

Sada adxudica o servizo de Axuda no Fogar e o servizo de Limpeza Viaria e de Praias por 3,5 millóns de euros

Sada adxudica o servizo de Axuda no Fogar e o servizo de Limpeza Viaria e de Praias por 3,5 millóns de euros

11/01/2019

O Pleno ordinario do Concello de Sada celebrado onte aprobou as propostas da mesa de contratación de dous servizos municipais por valor de máis de 3,5 millóns de euros.

Sada 11 xaneiro 2019.