Novas...

AXENDA

Novas


II FEIRA DE OFICIOS ARTESÁNS DE SADA

II FEIRA DE OFICIOS ARTESÁNS DE SADA

07/10/2016

Os próximos 11, 12 e 13 de novembro celebrarase en Sada a II FEIRA DE OFICIOS ARTESÁNS DE SADA onde poderán participar todas aquelas persoas que realicen a solicitude en tempo e forma.

V Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios do Consorcio As Mariñas

V Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios do Consorcio As Mariñas

06/10/2016

Profesionais e responsables políticos do área dos servizos sociais reunironse onte no Pazo de Mariñán no V Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios do Consorcio As Mariñas. Unha oportunidade de formación e posta en común de coñecemento en materias como a ética, a comunicación relacional ou a organización do tempo, entre outros.

Eat, Play and Learn with Peter Vard 2016 abre a súa inscrición

Eat, Play and Learn with Peter Vard 2016 abre a súa inscrición

05/10/2016

Actualizado a 05/10/2016 co decreto coas bases para cubrir as vacantes 

A Concellería de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, a través da Biblioteca Municipal, coa finalidade de apostar polo futuro educativo dos nenos e nenas de Sada pon á súa disposición durante este ano diversas liñas de traballo para que, o día de mañá, empreguen con normalidade un idioma tan extendido como é o inglés.

Educación ofrece a todos os centros escolares de Sada un programa de saúde bucodental

Educación ofrece a todos os centros escolares de Sada un programa de saúde bucodental

05/10/2016

- Este programa ten como obxectivo xeral mellorar a saúde bucodental dos nenos e nenas do noso municipio de 1º e 5º de Educación Primaria  e, especialmente, contribuír á redución de enfermidades máis prevalentes como son a carie e a enfermidade periodontal.

Sada organiza un curso de redeiras co que pretende recuperar un oficio tradicional e poder ofrecer un futuro traballo as veciñas de Sada

Sada organiza un curso de redeiras co que pretende recuperar un oficio tradicional e poder ofrecer un futuro traballo as veciñas de Sada

04/10/2016

-A Concellaría de Urbanismo e Emprego, xestionada por Francisco Montouto, levará a cabo xunto á Confraría de Pescadores de Sada o curso de redeiras para potenciar o porto pesqueiro e fomentar o emprego nun sector que tradicionalmente é desempeñado de forma tradicional e manual e está altamente cualificado

Sada destina 90.000€ aos convenios de Educación cos centros escolares e ANPAS do municipio.

Sada destina 90.000€ aos convenios de Educación cos centros escolares e ANPAS do municipio.

03/10/2016

- A concellaría de Educación subvenciona distintas necesidades e actividades extraescolares dos centros de ensino ademáis de programar Sada Educa.

@salto@

Promoción Económica e AJE programan #EMPRENDESada para potenciar o comercio local

Promoción Económica e AJE programan #EMPRENDESada para potenciar o comercio local

03/10/2016

-Liss Suárez Becerra e Marcos Balboa Beltrán presentaron o programa de formación que se levará a cabo a partir do xoves en Sada. Os cursos se impartirán na aula da Red CeMit, na Praza da Pescadería, a partir do 6 de outubro e os comerciantes interesados poden inscribirse a través do enderezo electrónico info@ajecoruna.es ou no 981 915635.

A socialista María Pardo toma posesión como concelleira de Cultura e Praias de Sada

A socialista María Pardo toma posesión como concelleira de Cultura e Praias de Sada

30/09/2016

Substitúe ao edil socialista Marcos Villar, quen presentou a baixa recentemente.

@salto@ No transcurso do pleno ordinario celebrado na tarde de onte tomou posesión do seu cargo a socialista María Pardo Fafián, quen ocupará o posto do concelleiro Marcos Villar, responsable das áreas de Cultura e Praias, e que renunciou por problemas de saúde. Pardo levará levará as mesmas competencias que o seu antecesor