Novas...

AXENDA

Novas


O CONCELLO DE SADA PIDE AO SUPREMO A MALA FE DOS FRANCO E A LIQUIDACIÓN POSESORIA EN TAL CONDICIÓN.

O CONCELLO DE SADA PIDE AO SUPREMO A MALA FE DOS FRANCO E A LIQUIDACIÓN POSESORIA EN TAL CONDICIÓN.

15/03/2021

O Concello argumenta que consta acreditada e probada a condición posesoria de mala fe do ditador, e que dita mala fe é transmisible tamén á súa filla e netos.

“Sada sempre defendeu o que agora todas as partes están de acordo, a mala fe do ditador. Estamos seguros que así o declarará o Supremo, por xustiza e dereito”, declara Benito Portela.

SADA COMERCIO 2021

SADA COMERCIO 2021

12/03/2021

Esta fin de semana volve Sada Comercio a Feira de Oportunidades de Sada

O sábado 13 e o domingo 14 de marzo celebrarase en Sada unha feira de oportunidades onde poderás atopar grandes descontos das túas tendas favoritas:

OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL NA BIBLIOTECA DE SADA

OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL NA BIBLIOTECA DE SADA

12/03/2021

A Biblioteca Municipal de Sada organiza o Obradoiro Naracción Oral "A arte de contar contos"

Inscrición ao Obradoiro

CONCURSO FOTOGRÁFICO "MERGÚLLATE CO 8M"

CONCURSO FOTOGRÁFICO "MERGÚLLATE CO 8M"

11/03/2021

En conmemoración co 8M: día internacional da muller, a Concellería de Benestar e Igualdade inclúe na súa programación de actividades e actos “Mergúllate co 8M”, un concurso de fotografía orientado a toda a poboación.

As obras na Piscina Municipal retrasan a súa apertura por motivos de seguridade.

As obras na Piscina Municipal retrasan a súa apertura por motivos de seguridade.

11/03/2021

O arquitecto encargado de facer o proxecto, encargado polo Concello de Sada, sinala que non é unha “actuación sinxela” debido aos problemas estructurais do complexo deportivo.

AVISO DA ESCOLA INFANTIL FLORA RAMOS - VACINACIÓN DO PERSOAL

AVISO DA ESCOLA INFANTIL FLORA RAMOS - VACINACIÓN DO PERSOAL

10/03/2021

A día de hoxe recibiuse comunicación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para proceder á vacinación das traballadoras da Escola Infantil Municipal Flora Ramos.

Sada leva a Pleno un suplemento de 185.000 euros para axudas  autónomos/as do PEL- Reactiva

Sada leva a Pleno un suplemento de 185.000 euros para axudas autónomos/as do PEL- Reactiva

10/03/2021

A partida inicial de 226.441,43 euros do PEL-Reactiva incrementarase con outra partida municipal de 185.000 euros para completar todas as solicitudes que cumpriron cos requisitos da convocatoria.

Esta liña de axudas suporá que 213 autónomos/as e microempresas de Sada reciban ata 3.000 euros para impulsar a actividade económica e o emprego.

Sada inaugura o seu Paseo da Igualdade, situado xunto á Casa da Cultura

Sada inaugura o seu Paseo da Igualdade, situado xunto á Casa da Cultura

08/03/2021

O concello de Sada, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade  colocou tres placas, dúas das cales están dedicadas a Luísa Villalta e a Inmaculada Paz Andrade