Novas...

AXENDA

Novas


Concerto do grupo Amizades en Sada

Concerto do grupo Amizades en Sada

18/12/2015

O próximo 27 de decembro celebrarase en Sada un concerto gratuíto do grupo Amizades dentro da programación do Día Solidario. O concerto terá lugar no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns en dous pases. O primeiro as 18:30h. e o segundo pase as 20:00h. As invitacións para ambos os pases están dispoñibles na Casa da Cultura (11:00-14:00h. e de 16:00-20:00h.) até completar o aforo. Poderanse retirar un máximo de 4 invitacións por persoa. O obxectivo do Día Solidario é recadar alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene polo que o día do concerto haberá un espazo dispoñible para que os asistentes poidan depositalos.

Mellora do servizo de auga en Veigue e saneamento entre Lamela (Carnoedo) e Lácere (Mondego)

Mellora do servizo de auga en Veigue e saneamento entre Lamela (Carnoedo) e Lácere (Mondego)

16/12/2015

En Veigue ademáis instalaranse subministracións de auga e saneamento en parte de A Valexa.Desde a concellaría de Obras e Servizos, que xestiona Miguel Tenreiro, sinalan que o orzamento das obras en Veigue é de 40.000€ e financiaranse con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) 2015, mentres que a obra entre Lamela e Lácere cun orzamento de 80.000€ incluirase no Plan Acción Social (PAS) 2015.

Promoción Económica colabora con Turismo da Xunta de Galicia Traducir

Promoción Económica colabora con Turismo da Xunta de Galicia Traducir

16/12/2015

A Concejalía de Promoción Económica e Turismo de Sada, dirixida por Liss Becerra, está colaborando con Turismo de Galicia, organismo dependente da Xunta de Galicia, para actualizar información sobre Sada na web que promociona os recursos turísticos de Galicia: www.turismo.gal.

O goberno local inclue o acondicionamento do campo de fútbol AS MARIÑAS-ANDRÉS PENA NO POS

O goberno local inclue o acondicionamento do campo de fútbol AS MARIÑAS-ANDRÉS PENA NO POS

15/12/2015

A Concelleira de Deportes,Zeltia Garcia, pretende con esta obra mellorar a accesibilidade desta instalación deportiva.

O Goberno de Sada manifesta que se trata dunha demanda de centos de usuarios do campo de fútbol.

Sada contará cun novo carril-bici que aliviará o transito peonil do paseo marítimo

Sada contará cun novo carril-bici que aliviará o transito peonil do paseo marítimo

12/12/2015

O novo recorrido que se propón apartase do tránsito dos veciños e veciñas que disfrutando Paseo Marítimo, xa que descorre polo límite exterior das zonas verdes.

Sada beneficiarase o próximo ano dunha rebaixa no imposto de bens inmobles (IBI)

Sada beneficiarase o próximo ano dunha rebaixa no imposto de bens inmobles (IBI)

07/12/2015

O goberno municipal decidiu non levar a pleno a modificación do IBI, que supoñería continuar con 0,60% de tipo impositivo para os inmuebles de natureza urbana, e volve ao tipo que estaba establecido no municipio, antes de que o goberno estatal decidise subilo, que era do 0,50%.

Sada solicita á deputación a instalación de herba artificial no campo municipal de carnoedo

Sada solicita á deputación a instalación de herba artificial no campo municipal de carnoedo

05/12/2015

- O alcalde de Sada, Benito Portela e a concelleira de deportes, Zeltia García, reuníronse onte co responsable de deportes da Deputación Provincial, José García Liñares, para trasladarlle a súa preocupación pola escasez de campos de herba artificial no termo municipal e entregarlle a memoria de mellora do campo de fútbol municipal de Carnoedo.

 Sada enche o nadal con panxoliñas, chocolatada, solidariedade, teatro infantil, cine, concertos, carreira nocturna e bos desexos para o próximo ano

Sada enche o nadal con panxoliñas, chocolatada, solidariedade, teatro infantil, cine, concertos, carreira nocturna e bos desexos para o próximo ano

03/12/2015

- Unha familia de Sada, seleccionada mediante sorteo, será a encargada de acender a iluminación do Nadal mañá as 19:30 horas na Plaza de San Roque.

- O venres 18 ás 19:15 horas disputarase a carreira nocturna do Nadal polo centro urbano de Sada nun circuíto que partirá do parque infantil das Brañas.