Sada asumirá os gastos de mantemento de Mosteirón
04/01/2016
O Concello de Sada aprobou no pasado pleno, cos votos a favor de Sadamaioría, PSOE, BNG e PDSP e os votos en contra do PP, o inicio do expediente para que sexa o propio concello quen asuma os gastos de mantemento do centro escolar de O Mosteirón sempre e cando non se poña en risco a sostibilidade financieira da facenda municipal, cumplindo os principios de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financieria.
Sada inclúe clausulas sociais nas contratacións para que "os cartos da maioria vaian aos colectivos mais desfavorecidos"
04/01/2016
O goberno local levou a pleno o vindeiro 30 de decembro as cláusulas sociais que servirán para a elaboración no futuro dos pregos de cláusulas administrativas e de prescripcións técnicas na contratación pública no Concello de Sada. Segundo exprica a memoria presentada pola alcaldía, as contratacións públicas ademáis de asegurar un precio económico deben de garantir o obxetivo de consecución de finalidades sociais e ambientais, igualdade de homes e mulleres, inclusión social e comercio xusto.
Deportes arreglará a cuberta do pavillón Polideportivo e cambiará o pavimento da pista de baloncesto do Paseo Marítimo
23/12/2015
A Concellería de Deportes encargará tamén un estudo exhaustivo da estructura do pavillón polideportivo para solucionar o desnivel tanto na pista de xogo como nos vestiarios e outras instalación do pavillón. Dentro da actuación que se solicitou ao POS 2016 inclúese a colocación dun novo lucernario apoiado sobre o panel existente que servirá de soporte sobreelevado. @salto@
Cine, chocolasada e solidariedade nos próximos días en sada
22/12/2015
Mañá as 19:00 horas se proxectará no auditorio da Casa da Cultura a película “El alucinante mundo de Norman”. Chocolasada celébrase o 24 de decembro cun evento que xurde da Biblioteca Municipal “Ramón Suárez Picallo” en colaboración coa comunidade escolar.
Sada organizará o terceiro aniversario da reserva da biosfera "MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO"
22/12/2015
Os actos comezarán a prepararse dende a concellalía de Medio Ambiente xa que a proposta feita polo concelleiro Lois Suárez Becerra foi aceptada pola Xunta directiva da asociación.
A xunta de seguridade local acorda implementar os mecanismos de colaboración policial en sada
21/12/2015
Foi copresidida polo alcalde de Sada, Benito Portela e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán. O subdelegado do Goberno lembrou que a prevención e esclarecemento dos roubos con forza son unha prioridade para a Comandancia da Garda Civil da Coruña
O goberno de Sada solicita a declaración como Ben de Interese Cultura (BIC) do complexo de Cerámicas do Castro
19/12/2015
A proposta levarase ao pleno ordinario do 30 de decembro para instar á Consellería de Cultura a tramitación da declaración de BIC da fábrica Cerámicas do Castro, o Museo Carlos Maside, o Laboratorio de Formas de Galicia e o taller do intelectual D. Isaac Díaz Pardo.
Sada mellorará a mobilidade no contorno do centro comercial aberto
18/12/2015
O goberno local aprobou no pleno de onte obras por valor de 800.000€ moitas das cales virán a mellorar a mobilidade e accesibilidade da cidadanía sadense.As obras de mellora e peonalización da 1ª Travesía da obra, rúa do Río e rúa Ponte, supoñen a súa integración no Centro Comercial Aberto, favorecendo o tráfico peonil.