Sada solicita á deputación a instalación de herba artificial no campo municipal de carnoedo
05/12/2015
- O alcalde de Sada, Benito Portela e a concelleira de deportes, Zeltia García, reuníronse onte co responsable de deportes da Deputación Provincial, José García Liñares, para trasladarlle a súa preocupación pola escasez de campos de herba artificial no termo municipal e entregarlle a memoria de mellora do campo de fútbol municipal de Carnoedo.
Sada enche o nadal con panxoliñas, chocolatada, solidariedade, teatro infantil, cine, concertos, carreira nocturna e bos desexos para o próximo ano
03/12/2015
- Unha familia de Sada, seleccionada mediante sorteo, será a encargada de acender a iluminación do Nadal mañá as 19:30 horas na Plaza de San Roque.
- O venres 18 ás 19:15 horas disputarase a carreira nocturna do Nadal polo centro urbano de Sada nun circuíto que partirá do parque infantil das Brañas.
Benestar premia aos escolares polas súas obras en contra da violencia de xénero
02/12/2015
O pasado 25 de novembro celebrouse na Casa da Cultura un acto onde se recordou o día internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres. No acto entregáronse os premios do I Concurso de Microrelatos contra a Violencia de Xénero que se veu realizando nas últimas semanas nos colexios do municipio cunha gran participación.
Décimo aniversario SGHN
26/11/2015
A SGHN programa a charla "Txingudi: unha zona húmida singular protexida” dentro do programa do decimo aniversario da sociedade. O acto terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns as 20:00 horas do venres 27 de novembro onde tamén proxectarase o vídeo documental sobre As Brañas de Sada elaborado pola Delegación de As Mariñas da SGHN no 2007 e distribuiranse novas copias entre os asistentes.
Carnoedo recupera as festas de San Andrés
25/11/2015
Churrascada, mexillonada, festa da cervexa e un xantar-baile para celebrar tres días de festa.
@salto@Sada 25 novembro A parroquia de Carnoedo quere recuperar as tradicionais festas de San Andrés e desde a asociación de veciños Armental prepararon tres días de actividades e gastronomía na honra ao patrón da parroquia. O venres 27 de novembro na escola de Carnoedo, lugar onde se celebrarán todas as actividades, terá lugar unha gran churrascada a partir das 20:00 horas para dar paso á primeira verbena a cargo do Dúo Calú. A misa na honra a San Andrés terá lugar o sábado ás 13:00 horas e pola tarde a partir das 20:00 horas celebrarase unha mexillonada e a festa da cervexa todo iso amenizado pola verbena da orquestra Palladium e Carlos Manteiga. Finalizarán o tres días de festa o domingo 29 cun xantar-baile de confraternidade ás 13:30 horas cun menú que se compón de callos, codillo ou xarrete, sobremesa, refrescos ou auga e café. O recinto contará cunha carpa por se as inclemencias meteorolóxicas son adversas e o xantar-baile estará amenizada por Carlos Manteiga
Cros, trail e carreira nocturna entre as propostas atléticas programadas en sada
25/11/2015
O Club Atletismo Sada e a concellaría de Deportes, xestionada por Zeltia García, organizan tres probas de atletismo para as próximas semanas.
@salto@
Unha familia de sada acenderá a iluminación de nadal
24/11/2015
A Concellería de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, programa tamén o concurso de Postais do Nadal entre os escolares do municipio.
@salto@
Benito Portela e Xulio Ferreiro avanzan solucións en movilidad sostenible e participación cidadá
23/11/2015
O alcalde de Sada e o seu homólogo da Coruña reuníronse en María Pita para tratar varios puntos que incumben aos dous concellos.En próximas datas asinarase un novo convenio de colaboración para que os servizos de urxencia de Sada reciban material propiedade do concello coruñés.Ferreiro e Portela avanzaron liñas de actuación en movilidad sostenible e debateron sobre a consecución de concellos con portas abertas á cidadanía.