II Concurso Trasmallo Fotográfico de Sada - Trasmallo de Primavera
03/03/2016
A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente convoca o concurso “II Trasmallo Fotográfico de Sada” - Trasmallo de Primavera.
- Bases II Trasmallo Fotográfico de Sada
Entrega de diplomas do obradoiro de emprego Cambre-Sada de Atención Sociosanitaria
01/03/2016
Os concellos de Sada e Cambre uníronse por primeira vez nun obradoiro que favoreceu o desenvolvemento económico e social do seu territorio.
No acto de clausura entregaron os diplomas aos asistentes José Alfonso Marnotes González, director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia, Óscar García Patiño, alcalde de Cambre, e Benito Portela Fernández, alcalde de Sada.
O alcalde de Sada recibe aos deportistas do HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club's) de Londres
29/02/2016
Este fin de semana celebrouse en Sada a primeira parte dun intercambio deportivo/cultural entre o CAS (Club Atletismo Sada) e o HWAC (Hércules Wimbledon Athletic Club's) de Londres
O pasado mes de maio de 2015, un grupo de directivos e adestradores do CAS realizaron unha visita a Londres, onde lanzaron aos representantes do HWAC londiniense o proxecto de intercambio.
Sada insta o Goberno español a promover as iniciativas necesarias para unha solución xusta no Sahara
29/02/2016
- A fachada do Concello luce desde onte a bandeira do Sáhara Occidental con motivo do 40 aniversario da proclamación da Repúlica Saharaui.
- Sada valora firmemente o traballo levado a cabo pola SGPS nos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria) e nos territorios ocupados e agradece a "colaboración desinteresada" e a xenerosidade veciñal no programa Vacacións en Paz
A Mostra de Teatro Afeccionado de Sada cumpre 12 anos.
24/02/2016
-Cultura establece un premio de 400€ para as compañías seleccionadas na fase da Mostra, un premio de 400€ ó mellor espectáculo para o xurado e un premio de 300€ ó mellor espectáculo para o público. A estatuiña dos “Premios Lugrís Freire” recoñecerán á mellor actriz e o mellor actor
O goberno local analizará cos veciños o proxecto para ensanchar a estrada de Castelo a Carnoedo
23/02/2016
O proxecto, xa adxudicado, que se vai a levar a cabo na estrada DP-7504, que une Castelo con Carnoedo e do que se fai cargo a Deputación como titular da infraestrutura, será exposto aos veciños e propietarios das leiras por onde discorre o camiño co fin de introducir melloras de face a favorecer a seguridade viaria na zona.
Sada despediu o Entroido con desfile, festa e enterro da sardiña
21/02/2016
O pasado sábado celebrouse o desfile de Entroido (que tivo que suspenderse o 13 de febreiro) e deuse fin ás festas coas actuacións na carpa situada detrás da Terraza e co enterro da sardiña.
Obras e Servizos mellora o proxecto de humanización da rúa Oleiros
19/02/2016
-A obra inicial, proxectada no 2014, non contemplaba o empedrado na parte final da rúa, no seu entroncamento coas Brañas, polo que desde a concellaría de Obras e Servizos contratouse a humanización dese tramo.