Campionato Escolar Provincial de Técnica, Exhibición e Free-Style de Taekwondo
29/03/2016
O sábado 9 de Abril, o Natural Sport Sada de taekwondo organiza o Campionato Escolar Provincial de Técnica, Exhibición e Free-Style, en colaboración coa concellería de Deportes do Concello de Sada.
Sada celebra en maio a VII Festa da Xiba.
28/03/2016
- A Concellalía de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, organiza unha reunión cos hostaleiros e o tecido asociativo de Sada hoxe luns 28 de marzo as 12:30 horas na OMIX, para dar a coñecer as actuacións que se levarán a cabo na Festa da Xiba.
O goberno municipal de Sada solicita a mellora do camino da Lagoa en Mondego
28/03/2016
-As obras previstas levaránse a cabo no camiño de titularidade municipal de A Lagoa que posee canalizacións de pluviais en cuneta aberta pero conta con tramos sen o peralte axeitado polo que as augas pluviais circulan sobre o camino o que provoca o seu deterioro a tódolos niveis.
Concentración en repulsa dos atentados en Bruxelas
23/03/2016
Os concellos de toda Galicia convocaron para hoxe mércores ao mediodía nas sedes dos edificios e dependencias públicas unha concentración silenciosa en memoria dos numerosos falecidos nos atentados perpetrados na mañá de onte en Bruxelas. O Concello de Sada realizou un chamamento a todos os cidadáns para celebrar unha concentración diante do edificio do Concello e gardar un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas dos atentados de #Bruxelas. Sada mostra a súa condena ante os ataques e toda a súa solidariedade cos familiares e seres queridos dos falecidos.
XII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada
23/03/2016
Dende a Concellería de Cultura do Concello de Sada presentamos unha nova edición, e xa van 12, da nosa Mostra de Teatro Afeccionado. Premios Lugrís Freire. A presente edición trae 4 obras a concurso, que se irán representando nas primeiras dúas fins de semana de abril.
Sada acolle unha proba de Agility o 16 y 17 de abril
22/03/2016
Horario: 16 de Abril 2016 (Sábado): 15.30 Entrega de documentación 16:00 Inicio da Proba - Agility G1 (Xuíz: Domingos Carneiro) - Agility G2 e G3 (Xuíz: Domingos Carneiro) - Entrega de premios -Agility G0 (Xuíz: Jorge Ramos) Horario 17 de Abril 2016 (Domingo): 9.30 -Entrega de documentación 10.00 - Inicio da Proba - Agility G1(Xuíz: Domingos Carneiro) - Agility G2 e G3 (Xuíz: Domingos Carneiro) - Entrega de premios -Agility G0 (Xuíz: Jorge Ramos) @salto@
Sada acolle a primeira edición de 1x1 SWAP PARTY, festa de intercambio de roupa, libros e discos.
22/03/2016
POR MOR DAS INUNDACIÓNS ACAECIDAS EN SADA O PASADO 30 DE MARZO QUEDA SUSPENDIDA A CELEBRACIÓN DESTE EVENTO ATA NOVA DATA
-A asistencia será gratuíta e aberta pero é necesario inscribirse para participar. As normas son sinxelas e atópanse na web do evento.
Sada aproba o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal da súa historia
18/03/2016
- O documento presentado polo goberno municipal logra a maioría absoluta do Pleno da Corporación inda que cos votos en contra do Partido Popular..
-O documento será remitido agora á consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva.