Subvencións a Entidades Deportivas para o ano 2018
22/02/2019
Actualizado a 22 febreiro 2019
Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuído o Concello de Sada convócanse as presentes axudas na área de Deportes para o período que vai comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.
ENTROIDO DE TAPAS 2019
21/02/2019
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, xunto co sector hosteleiro e a agrupación Eres de Tapas Si... organiza os próximos 22,23 e 24 de febreiro a IV edición do Entroido de Tapas co obxetivo de promocionar e potenciar a hostelería local, a restauración e o turismo no municipio.
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL 2019
21/02/2019
Actualizado a 21 de febreiro 2019
O obxecto desta convocatoria é a provisión polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, dun (1) posto de persoal técnico de orientación laboral que prestará servizo no Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal, consonte á subvención concedida ao abeiro da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia do 19 de xaneiro de 2018.
Escola Municipal de Teatro. Curso 2019
21/02/2019
A Escola Municipal de Teatro do Concello de Sada, oferta unha proposta no eido das artes escénicas, desenvolvéndose fóra do horario lectivo.
Inscrición en liña
CONVOCATORIA PROVISIÓN DE PRAZAS DO CORPO DA POLICÍA LOCAL DE SADA INCLUÍDAS NA OEP 2016
19/02/2019
Actualizado a 19 FEBREIRO 2019
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DE PRAZAS DO CORPO DA POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE SADA INCLUÍDAS NA OEP 2016
Sada organiza un curso gratuito de manipulación de alimentos
19/02/2019
A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), dentro do Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME), organiza un curso de manipulación de alimentos frescos, integramente subvencionado polo Concello.
Visita cultural ao Entroido de Xinzo de Limia
18/02/2019
O Concello de Sada organiza unha visita cultural ao Entroido de Xinzo de Limia o domingo 24 de febreiro "Domingo Corredoiro", primeiro día do Entroido no que saen as Pantallas.
Listaxe de persoas admitidas e lista agarda da excursión a Xinzo de Limia
A Concellería de Emprego organiza un curso de poda
18/02/2019
A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza un curso de poda
Inscrición en liña