Actividades Virtuais do...

Actividades Virtuais do Concello de Sada

Actividades on line que se realizan a través das distintas canles do Concello de Sada

  • Manter aos clubes deportivos e aos seus usuarios activos co Programa Sada en Forma onde diariamente se colgan diferentes rutinas deportivas no Facebook do Concello.
  • As actividades ofertadas dende a Oficina da Xuventude (inglés, costura, cociña, fotografía, bolillos), seguen funcionando de forma telemática evitando así esa perda de socialización entre compañeiros e á vez logrando que avancen nos seus coñecementos.
  • Activación do Instagram da biblioteca Municipal onde se emiten diariamente microcontos nos que participan vecinxs de Sada de xeito voluntario contando algun conto para xs máis peques. Fomentando á participación cidadá á vez que a lectura.
  • Ademáis se emiten os venres dende Facebook do Concello, da Omix e dende o Instagram da biblioteca os contos da Salita dos Contos e Pablísimo.
  • Proximamente: obradoiros online desde á biblioteca
  • Sada súmase ao Festival Internacional PhotoEspaña de fotografía desde os balcóns. A 23ª edición desta cita convida os sadenses a inmortalizar o día a día desde as súas xanelas, terrazas e balcóns durante o confinamento


DÍA DO LIBRO 2020 CON ACTIVIDADES EN SADA

DÍA DO LIBRO 2020 CON ACTIVIDADES EN SADA

20/04/2020

Desde o concello de Sada queremos animarvos a participar na dinamización do Día do Libro. Para isto propoñémosvos as seguintes actividades

@salto@

Sada súmase ao Festival Internacional PhotoEspaña de fotografía desde os balcóns

Sada súmase ao Festival Internacional PhotoEspaña de fotografía desde os balcóns

01/04/2020

 

A 23ª edición desta cita convida os sadenses a inmortalizar o día a día desde as súas xanelas, terrazas e balcóns durante o confinamento

A SALITA DOS CONTOS

A SALITA DOS CONTOS

27/03/2020

O Concello de Sada e Rosa Bao presentan  “A Salita dos Contos”, contacontos para época de confinamento co relato "Eu vou comigo" de Raquel Díaz Reguera, unha incríbel xoia sobre a autoestima.

As nenas e nenos de Sada debuxan árboles de cores no Día Internacional dos Bosques

As nenas e nenos de Sada debuxan árboles de cores no Día Internacional dos Bosques

22/03/2020

O Concello de Sada, a través da concellería de medio Ambiente, animou no día de onte  ás nenas e nenos do municipio a realizar un debuxo con motivo do Día Internacional dos Bosques e para facer un pouco máis animada a tarde no estado de confinamento que estamos a sufrir “especialmente os nenos e nenas”.