TOULIÑA POP - JOHNNY CASINO
13/03/2021 - 13/03/2021
Descrición do Evento
TOULIÑA POP PRESENTA EN SADA
CONCERTO DE JOHNNY CASINO
Sábado 13 de marzo ás 20:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns
Entrada de balde previa reserva
Aforo limitado. Obrigatorio uso de máscara.
RESERVA AQUÍ A TÚA ENTRADA A PARTIR DO SÁBADO 6 MARZO ÁS 12:00 HORAS
Johnny Casino cantante, guitarrista e compositor australiano. Comezou a súa traxectoria profesional en Sidney en 1991 coa banda Asteroid B-612. Aínda que nos seus inicios estaba fortemente influenciados polo high-energy rock foi paulatinamente abandonando o xénero para cinguirse a un rock de corte máis clásico.
Durante os últimos anos de existencia de Asteroid B-612 trasladouse a vivir a Filadelfia e formou Johnny Casino's Easy Action con músicos estadounidenses e cos que chegou a gravar tres álbums. O vocalista era Howard Saunders, máis coñecido como o Cosmic Commander e tamén excantante de Rancid Vat.
Durante un das súas intermitentes viaxes a Australia, en 2004 formou xunto con John McKeering e Lindsay McLennan os Egos. O álbum resultante, Fast Swimming, foi presentado cunha xira por España.
En 2007, instalado novamente en Australia entrou nunha etapa profesional moi activa, formando moitas bandas e gravando álbums de calidade excepcional que están entre o mellor da súa carreira profesional. Destaca principalmente Johnny Casino And The Secrets.
Outros proxectos nos que estivo involucrado foron The Lord Street Sound (2011) cos que gravou o álbum Behind The Dumb e The Downtown 3 (2012), estes últimos como banda de acompañamento da vocalista Carrie Phillis e onde ademais de Johnny Casino estaba o baixista Scott Nash (Asteroid B-612) e o baterista Craig Jackson (Brother Brick). Como Carrie Phillis & The Downtown 3 gravaron o EP Spend It With You.
En España tocou regularmente coa banda de acompañamento composta polo guitarrista Aitor Ochoa (Soul Gestapo), o baixista Julián Marco (Os Cans) e o baterista Isidro Rubio (Wau e os Arrrghs!!!). En agosto de 2012, e renombrados como Johnny Casino e Os Segredos para a ocasión, deron unha xira por Australia e gravaron o álbum Live At The Hanging Tree.
Actualmente, Johnny Casino reside en Denia
Casa da Cultura Pintor LLoréns