TEATRO: LE CIRQUE...

AXENDA

TEATRO: LE CIRQUE

15/03/2019 - 15/03/2019

TEATRO: LE CIRQUE

Descrición do Evento

TEATRO: LE CIRQUE

LAFAYETTE COMPANY

Venres 15 de marzo ás 18:30 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns.

Entrada: 2,50€ (A venda en taquillas da Casa da Cultura)

Obra recomendada a partir de 3 anos.


Espectáculo de maxia para todos os públicos a cargo de Cayetano Lledó.

Este é o maior espectáculo de maxia cómica de tódolos tempos: Le Cirque, de François Lafayette. Un espectáculo inspirado tanto nas liñas de teatro clásico coma as correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico.

Un espectáculo de teatro de autor, aínda que de proporcións megalómanas. O espectador adéntrase no fabuloso mundo do circo baixo a visión fresca e renovada do home que revolucionou as artes circenses fusionadas coa maxia, Monsieur Lafayette. Unha invitación a sumerxirse no misterio e na maxia, cun espectáculo aclamado por multitudes de todo o mundo; a entrar no mundo dun heroe da escena moderna, que rescatou o cabaret para facelos emerxer con máis forza que nunca. Benvido ao circo!

Casa da Cultura Pintor LLoréns

Volver atrás