TEATRO: CURVA ESPAÑA...

AXENDA

TEATRO: CURVA ESPAÑA

20/09/2020 - 20/09/2020

TEATRO: CURVA ESPAÑA

Descrición do Evento

Curva España é un espectáculo que ironiza sobre o xénero documental combinando teatro e cinema en directo.
Domingo 20 setembro ás 20:00 horas

Aforamento limitado.

A celebración da actividade está suxeita á evolución da situación sanitaria.

Reserva de butacas gratuíta


Curva España A curva na que se matou España

Nos últimos anos Chévere realizou unha serie de traballos que exploraron as posibilidades do teatro-documento e a memoria colectiva como desencadenamentos dunha ficción teatral. Este proxecto é un paso máis para profundar nos mecanismos narrativos que xorden na fronteira entre a realidade e a ficción, entre a historia e a lenda, entre a pantalla e o escenario.

Como outras veces, partimos dunha historia moi local que se ha ir transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense) durante os últimos cen anos.

Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, cosemos unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cinema en directo, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción da estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque a esta zona afastada España só chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva.

Casa da Cultura Pintor LLoréns

Volver atrás