San Patricio Rockin...

San Patricio Rockin Day

16/03/2019 - 16/03/2019

San Patricio Rockin Day

Descrición do Evento

San Patricio Rockin Day

O pasado sábado presentouse, coa presenza do concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, Liss Suárez Becerra, e o organizador, Susete Deluxe, este festival de rock que terá lugar durante todo o sábado 16 na carpa instalada detrás do edificio de A Terraza. 

O festival comezará ás 13:30 cunha sesión vermú con pintxos amenizada por Carla de Figueredo Band seguido ás 17:00 comezará a sesión de Epifanía & Reverendo DJ. 

O evento terá a súa parte deportiva ás 18:00 coa exhibición de rugby polo clube Zalatera e a continuación a sesión de Quique Pazos DL. Os concertos chegarán a partir das 20:30 coa presenza de La Perra Blanco, Sir Bald & His Hairy Friends (UK)” e Wavy Gravies que darán paso á sesión de Pepe Kubrick DJ ás 00:00. 

GRUPOS PARTICIPANTES NO SAN PATRICIO ROCKIN DAY

-“La Perra Blanco”. Rock & Roll Rabioso e Rockabilly Frenetico o que Alba La Perra Blanco ofreceranos nunha noite única en Sada. Con pouco máis de 20 anos esta gaditana é a proba de que o Rockin Primitivo e Salvaxe está máis vivo que nunca.

-Sir Bald Diddley (Hipbone Slim) leva 20 anos movéndose nas sombras, dedicando a súa vida aos sons do surf, o garage, o frat, o RnB ou calquera outro pelame de rocknroll onde prime a diversión. Nesta ocasión chega a Galicia para tocar xunto cos irmáns Jorge e Martín nun formato nunca antes visto e que recibirá o nome de Sir Bald & His Hairy Friends.

-A banda do Salnés Wavy Gravies creouse a principio de 2014 cos inquietos irmáns Martín e Jorge Lorre que comezaron un novo proxecto, xunto a Dobre M (Dead Wood) coa idea de facer dos seus concertos auténticas celebracións do rock'n'roll, onde o punk, o surfinstrumental, o garage ou mesmo o frat teñen unha cita ineludible coa diversión e o sentido humor. Nos seus directos tocan versións de grandes bandas, como The Sonics, Bo Diddley, Flamin' Groovies ou Link Wray, ademais de temas propios instrumentais e vocais. En 2017 incorporouse Koko (Pegas Negras) para redondear esta festiva banda de rock'n'roll.

Carpa situada detrás do edificio de A Terraza

Volver atrás