RUNNING ...

AXENDA

RUNNING

11/04/2021 - 11/04/2021

RUNNING

Descrición do Evento

De Ste Xeito Teatro - Ciclo DRAMEDIAS

Teatro comedia para público adulto.

Duración: 75 minutos.

Domingo 11 de abril ás 20:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns

Entrada de balde previa reserva de butaca

Aforo limitado

Obrigatorio uso de máscara

RESERVA AQUÍ A TÚA ENTRADA


Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”

Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos.

E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?

Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno. En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.  

Casa da Cultura Pintor Lloréns

Volver atrás