ROSALÍA
24/02/2021 - 24/02/2021
Descrición do Evento
Mércores 24 febreiro (Día de Rosalía de Castro) ás 18:30 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns
Público infantil e familiar.
Obrigatorio uso da máscara
María Rosalía Rita tamén foi nena. Ela, unha das grandes voces literarias da historia, foi nena que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse "de Castro" é a protagonista desta obra de teatro que contará ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas.
María Rosalía Rita agóchase no faiado, facéndose forte nese lugar máxico que ben coñece. Hoxe mesmo veñen a buscala...debe abandonar a aldea para ir vivir coa súa nai, despois de anos vivindo coas súas tías paternas.Que a poderá convencer para que abra a porta e se comporte como unha señorita ben educada?
Casa da Cultura Pintor LLoréns