OS NENOS DA...

AXENDA

OS NENOS DA VARÍOLA

25/04/2021 - 25/04/2021

OS NENOS DA VARÍOLA

Descrición do Evento

Teatro para público a partir de 8 anos - Pérez&Fernández

Domingo 25 de abril ás 20:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns

Entrada de balde previa reserva de butaca

Aforo limitado

Obrigatorio uso de máscara

RESERVA AQUÍ A TÚA ENTRADA A PARTIR DO 17 DEABRIL


30 de Novembro de 1803: "​A Real Expedición Filantrópica da Vacina​" parte dende o porto da Coruña. ​Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana "brazo a brazo" para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.

Pérez&Fernández en coprodución co ​Centro Dramático Galego presenta a adaptación á escena da novela de ​María Solar "​Os Nenos da Varíola​". Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filántropica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida convertíuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, ​Isabel Zendal​.

 

 

Casa da Cultura Pintor LLoréns

Volver atrás