O PODER DE...

AXENDA

O PODER DE AMABEL

16/04/2021 - 16/04/2021

O PODER DE AMABEL

Descrición do Evento

Teatro familiar para público a partir de 5 anos.

Compañía: Pérez & Fernández

Venres 16 de abril ás 18:30 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns

Entrada de balde previa reserva de butaca

Aforo limitado

Obrigatorio uso de máscara

RESERVA AQUÍ A TÚA ENTRADA


"O poder de Amabel" é un peza de teatro de monicreques e actores para público familiar inspirada na novela infantil de Érica Esmoris, editada por Sushi Books.

Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel todavía non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrilo embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares.

Na adaptación teatral Amabel e Braulio, que non se ven dende a escola, reencóntranse casualmente 30 anos máis tarde en Tokio. Alí recordarán o especial ano que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.

 

Casa da Cultura Pintor Lloréns

Volver atrás