LÁZARO DE TORMES...

AXENDA

LÁZARO DE TORMES

09/04/2021 - 09/04/2021

LÁZARO DE TORMES

Descrición do Evento

Teatro familiar para todos os públicos (50 minutos)

Compañía: Pedras de Cartón

Mención especial do xurado no Festival de Teatro Clásico de Almagro 2020.

Venres 9 de abril ás 18:30 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns

Entrada de balde previa reserva de butaca

Aforo limitado

Obrigatorio uso de máscara

RESERVA AQUÍ A TÚA ENTRADA


Pedras de Cartón presenta a historia do Lazarillo de Tormes contada por primeira vez con máscaras e sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro.

Así, Xosé Manuel Esperante, Xosé Vilarelle, Juan Rodríguez e Suso Jalda/Laura Sarasola abordan dende o escenario e baixo a dirección de Pablo Sánchez esta peza picaresca do imaxinario popular que ademais forma parte do currículo educativo nas escolas.

 

 

Casa da Cultura Pintor Lloréns

Volver atrás