I Duatlon Cros...

AXENDA

I Duatlon Cros Meiras-Sada

24/02/2019 - 24/02/2019

I Duatlon Cros Meiras-Sada

Descrición do Evento

Organizan: Trisada (Club Atletismo Sada) - Club Ciclista Sada - Concello de Sada (Concellería de Deportes)

Domingo 24 de Febreiro do 2019 ás 11:00 horas

Area recreativa de Meirás, lugar de Piñeiro (Fronte a Residencia da Luz)  - Concello de Sada 

Información: clubatletismosada@gmail.com

Persoa de contacto: Alberto Morlán - 620883998

Inscricións: Ata as 23:59 do martes 19 de febreiro.  A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon no apartado Regulamentos/Inscricións. Prezo inscrición: Individual 12€, parellas 20€. (Licenza de 1 dia non federados +12€)

Dosier-Duatlon-Cros-Meiras-2019

Evento

 

 


O Dúatlon Cros de Meirás está organizado pola concellería de deportes do Concello de Sada, o Trisada, (sección de tríatlon do Club Atletismo Sada) e o Club Ciclista Sada. Estas tres entidades únense para organizar un evento dunha disciplina pouco coñecida e que no concello de Sada, neste caso na parroquia de Meiras, ten un lugar propicio para a celebración deste tipo de competicións.

O Dúatlon Cros é un deporte combinado e de resistencia, no cal o deportista realiza dúas disciplinas en tres segmentos, carreira a pé por calquera tipo de superficie, ciclismo todo terreo e carreira a pé por calquera tipo de superficie. A orde é a sinalada e o cronómetro non se para durante o tempo que transcorra a competición.

 

 

Meirás

Volver atrás