GALA SOLIDARIA ASPACE...

AXENDA

GALA SOLIDARIA ASPACE 2019

09/11/2019 - 09/11/2019

GALA SOLIDARIA ASPACE 2019

Descrición do Evento

A Radio dos Gatos presenta a gala solidaria de ASPACE Coruña o 9 de novembro ás 20:00 na Casa da Cultura Pintor Lloréns.

As entradas, a 10€, xa se poden comprar escribindo a comunicacion@aspacecoruna.org ou chamando ao 981 61 03 12 (reservas até o 6 de novembro)


Música, humor e moitas máis sorpresas serán os contidos da Gala Solidaria que a asociación ASPACE Coruña celebrará o vindeiro sábado 9 de novembro en Sada, presentada nada menos que polo equipo da Radio dos Gatos da asociación.

Xa está todo preparado para esta gran gala solidaria, que conta coa colaboración do Concello de Sada e que comezará ás 20.00 na Casa da Cultura Pintor Llorens.

Dado que o aforamento é limitado, as persoas que queiran asistir poden adquirir xa a súa entrada por 10 ? escribindo a comunicacion@aspacecoruna.org ou chamando ao 981 61 03 12 (as reservas faranse até o 6 de novembro).

A escola Sadanza, o monologuista Ivanote, a agrupación Nova Troula, o cantautor Paris Joel, as actrices Arantza Villar e Chus Álvarez, o educador canino Octavio Villazala, o locutor de Cuac FM, Mariano Fernández e o alcalde Benito Portela serán os invitados desta gala solidaria, cuxa recadación irá destinada á asociación para seguir desenvolvendo actividades e servizos a favor das persoas con parálise cerebral.

Tamén se pode colaborar a través da Fila Cero, realizando unha achega na conta É18 2080 0700 2730 4001 2682 (Abanca). 

Animamos a toda a cidadanía a acudir a esta cita solidaria!!

Casa da Cultura Pintor LLoréns

Volver atrás