FEMINÍSIMAS...

AXENDA

FEMINÍSIMAS

29/11/2020 - 29/11/2020

FEMINÍSIMAS

Descrición do Evento

Domingo 29 novembro ás 19:00 h na Casa da Cultura "Pintor Lloréns"

“FEMINÍSIMAS - DE STE XEITO PRODUCIÓNS”

Entrada de balde con reserva previa

Obrigatorio uso de máscara

RESERVA A TÚA ENTRADA


“FEMINÍSIMAS - DE STE XEITO PRODUCIÓNS”

Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven. Tres amigas que teñen tres xeitos ben distintos de entenderen o “feminismo”. Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer. Esta é a base de Feminísimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista en que nos encontramos mergulladas.

Casa da Cultura Pintor LLoréns

Volver atrás