EXPOSICIÓN DE DIEGO...

AXENDA

EXPOSICIÓN DE DIEGO GIRÁLDEZ

01/05/2021 - 31/05/2021

EXPOSICIÓN DE DIEGO GIRÁLDEZ

Descrición do Evento

Durante todo o mes de maio Sada acolle a obra de Diego de Giráldez, que poderá verse na Capela de San Roque e Casa da Cultura Pintor Lloréns.

 

Horarios da exposición:

 

Capela de San Roque, martes a sábado de 9 a 14 e de 18 a 20h.

 

Casa da Cultura Pintor Lloréns, de luns a venres de 8 a 14 e de 16 a 20h e sábados de 11 a 13h.


Manuel Diego Gómez de Giráldez, é un pintor e escultor galego, recoñecido no mundo do realismo contemporáneo. Nacido en A Cañiza, estudiou na Escuela de Artes y Oficios de García Barbón, creó un novo estilo: Realismo NAS (naturalismo, abstracción surrealismo). Diego, traballa sobre a natureza, as vidas da xente no rural, a anatomía...

En 1975 comeza a súa andaina artística coa súa primeira exposición individual en Vigo. Coñece a Alvaro Cunqueiro, Francisco de Pablos, Antón Castro o Tito Gómez Giráldez ...

En 1977 trasládase a Catalunya e coincide con pintores como Antoní Pichot, Gala, Salvador Dalí , ao que visita con frecuencia. En Madrid visitan as súas exposicións Ramón Faraldo e Santiago Amón, con quen manten amizade.

En 1980 é seleccionado para formar parte da exposición “Maestros del Realismo español”.

En 1998 representou ao estado español na Expo Universal do Arte en Lisboa.

A súa obra está representada en máis de 150 museos do mundo e agora visita Sada para disfrute da vila e os seus arredores.

 

 

Casa da Cultura Pintor Lloréns e Capela San Roque

Volver atrás