DIÁLOGOS NO TEMPO....

AXENDA

DIÁLOGOS NO TEMPO. EXPOSICIÓN

01/05/2019 - 30/05/2019

DIÁLOGOS NO TEMPO. EXPOSICIÓN

Descrición do Evento

Exposición "Diálogos no tempo".

Obras de Lola Saavedra

Casa da Cultura Pintor Lloréns.

Maio de 2019.

Horario: Luns a venres de 9 a 2 e de 4 a 9. Sábados de 9 a 2.

 


A exposición Diálogos no tempo, recolle un conxunto de vinte e cinco obras de Lola Saavedra, variado en canto a temática ,formato e técnicas. Desde paisaxes, composicións da serie I Ching e un bodegón,que ela identifica como "os seus clásicos",todos eles de dimensións amplas e cunha gran carga simbólica e matérica, até as súas obras máis recentes baseadas na investigación sobre figuras femininas en interacción e movemento, cun tratamento baseado na utilización do collage e a mancha pictórica.Un diálogo incesante con todas e cada unha das súas obras a través da procura, a experimentación e a apertura a novas posibilidades da linguaxe pictórica.

Casa da Cultura Pintor LLoréns

Volver atrás