CONCERTO PUNK INFANTIL...

AXENDA

CONCERTO PUNK INFANTIL

15/02/2019 - 15/02/2019

CONCERTO PUNK INFANTIL

Descrición do Evento

CONCERTO PUNK INFANTIL

VENRES 15 FEBREIRO ÁS 18:30 NA CASA DA CULTURA PINTOR LLORÉNS

ENTRADA: 2,5€ (Entradas en taquillas da Casa da Cultura desde o luns 11 de febreiro)

AFORO LIMITADO


Concerto de Peter Punk e Brais das Hortas

O Concerto PunkInfantil é a nova tolemia de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso. Unha proposta a medio camiño entre un espectáculo teatral e un musical.

O novo espectáculo de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso flúe empregando a música como fío condutor, onde a técnica musical e a técnica teatral combínanse abríndoas cara a novos estilos e públicos. Un espectáculo musical e de clown para todos vos públicos.

Dous músicos que chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk.

Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común: Un Concerto PunkInfantil.

Casa da Cultura Pintor LLoréns

Volver atrás